xoves, 31 de xaneiro de 2019

"XUNTOS ACADAMOS A LÚA"

Na clase de 3 anos, ademáis de celebrar o día da Paz co resto do cole, a partir do conto A que sabe a lúa? fixemos o noso propio mural da Paz, onde queremos transmitir que XUNTOS todo é posible.


mércores, 30 de xaneiro de 2019

Aniversarios de Sofía, Yarek e Julia 🎂

Onte celebramos todos xuntos os aniversarios de Sofía, Yarek e Julia. Merendamos biscoito e gusanitos e pasámolo moi ben todos xuntos xogando! Parabéns compañeiro e compañeiras.

Taller doce e salgado!

Como xa vos contarían, estes días andamos a voltas con conto:A qué sabe a Lúa!?. Como non tiñamos moi claro que significaba doce e salgado, as nosas profes decidiron facer un obradoiro onde probamos distintos alimentos con sal e azucre.



martes, 22 de xaneiro de 2019

VISITA SORPRESA!!!

Martín tiña moitas ganas de presentarnos ao seu irmán Antón, así viñeron ao cole o papi, a mami e Antón.
Que emoción!!! Encantounos a súa visita.
Grazas familia.

venres, 18 de xaneiro de 2019

Obradoiro de inverno.

Xa estamos no inverno, e os nenos de 4 e 5 anos fixemos un boneco de neve con arxila polimérica; quedounos moi ben grazas a axuda dos nosos compañeiros e compañeiras de sexto de primaria, que nos botaron unha man para facerlle os ollos, o nariz, a bufanda, etc. Moitas grazas.





As galletas de Carla.

Esta semana no sorteo que facemos os luns, a agraciada foi Carla, polo que a maleta viaxeira está na súa casa; de aí sacou a receita dunhas galletas moi saborosas que fixo coa axuda da súa nai, e hoxe trouxoas ó cole para que as probaramos. Estaban boísimas, moitas grazas Carla.






mércores, 16 de xaneiro de 2019

PIRULETAS DE CHOCOLATE

Ola familias! xa estamos de volta e coma sempre contando coa vosa colaboración.
O luns acompañounos no cole a mamá de Delia, que non puido vir no Nadal, e fixemos con ela piruletas de "cocholate", que dirían os pequenos.

Tamén nos contou o conto "Un becho estraño", que foi moi divertido, co que trouxo unha manualidade para cada un. Grazas

E por último, comemos as nosas piruletas, ñam, ñam



luns, 14 de xaneiro de 2019

Taller de zume de laranxa!!

Hoxe fomos de excursión polo patio a visitar a nosa laranxeira e descubrimos que estaba chea de laranxas e collemos algunhas. Logo na nosa clase apareceu un exprimidor que nos serviu para facer zume e logo bebelo, estaba riquísimo ... Unha vez que rematamos tiramos todas as mondas da laranxa ó noso composteiro, estamos aprendendo a reciclar e a coidar o noso planeta🌏



.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...