venres, 28 de xuño de 2013

Revista escolar.

Aquí vos deixamos unha ligazón á nosa revista escolar para que a poidades ver a toda cor.

Preme na imaxe para acceder

mércores, 19 de xuño de 2013

A nosa maleta

Despois de pasar por todas as nosas casas, a nosa maleta viaxeira voltou ao colexio.
Aquí tedes as nosas producións, que fixemos con axuda dos nosos papás e mamás.

martes, 18 de xuño de 2013

Fin de curso

A estas alturas de curso necesitamos un pouquiño de desconexión e relax.
Agardo que vos guste peques.

mércores, 12 de xuño de 2013

Ensaios do festival

Nestes últimos días de curso estamos inmersos na preparación da nosa actuación no festival e na elaboración das nosas carpetas para levar á casa.
Aquí vos deixamos un par de fotos dos nosos ensaios, pero só dúas que non queremos estragar a sorpresa.




Xa temos crisalida

Por fin a nosa eiruga se converteu en crisálida. É moi bonita, e agora está como durmida así que a profe non nos deixa estar moito con ela.

martes, 4 de xuño de 2013

Xornada de portas abertas

O luns día 3 de xuño viñeron ao noso colexio os nenos/as que van empezar no "cole dos maiores" o próximo curso e nós recibímolos cos brazos abertos.
Xogamos moito con eles e ensinámoslle cousiñas do noso colexio, ademais deunos tempo a pintar, a xogar e a merendar todos xuntos antes de ir ao patio.

sábado, 1 de xuño de 2013

Fomos noticia

Estaba a profe lendo o xornal e mirade o que atopou. Espero que vos guste
Premede na imaxe para ver máis e para vela máis grande.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...