domingo, 30 de novembro de 2014

Chegou o Nadal

Todos os recursos que teñen que ver co Nadal, ben sexan xogos, panxoliñas, cancións, vídeos ou actividades van aparecer na ligazón superior que ten escrito "Nadal". Premede aí se queredes ver as cousiñas de Nadal que traballamos na clase e coas que nos entretemos.

venres, 28 de novembro de 2014

Aniversarios de novembro

Esta semana festexamos  o cumple de Dani.

xoves, 27 de novembro de 2014

Festexando o magosto

Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica de como foi a celebración do magosto no noso colexio.
A verdade é que a algúns non lles gustou moito. Aínda non estamos preparados para as festas multitudinarias con música, xogos e liberdade no patio. Pouco a pouco iremos gozando das celebracións.

mércores, 26 de novembro de 2014

Coñecendo a Sara

Hai xa unhas poucas semanas Sara foi a nosa encargada e estivemos coñecendo máis cousiñas da súa vida fóra da escola: da súa familia, dos seus xogos favoritos.. e ademais de aprender moitas cousas dela, puidemos ler o seu conto favorito, ver a súa película favorita (un anaquiño só) e xogar cos seus xoguetes preferidos (que nos encantaron).
Aquí vos deixamos unha pequena presentación para que vexades que divertido foi coñecer un pouquiño mellor a Sara.

martes, 25 de novembro de 2014

Hoxe festexamos o Magosto

En breve subiremos máis fotos, mentres tanto podedes observar que fermoso deixou o noso patio do colexio o Outono.

luns, 24 de novembro de 2014

venres, 21 de novembro de 2014

Coñecendo a Dani

Aquí vos deixamos a presentación de fotos da semana en que Dani foi o noso encargado.
Agardamos que vos guste e que así poidades coñecer un pouquiño mellor ao noso amigo Dani e á súa familia.
 

mércores, 19 de novembro de 2014

luns, 17 de novembro de 2014

Traballando a cor negra

Despois de adicarlle unha semana á cor branca, decidimos seguir pola cor negra. O que máis nos gustou da cor negra foi a cantidade de alimentos que puidemos probar, e, como non, a festa do Samaín que coincidiu esa semana.

Esta semana a nosa cor é...

luns, 10 de novembro de 2014

Coñecendo a Noa

Aquí vos deixamos a presentación de fotos da semana que Noa foi a nosa encargada para que vexades cantas cousas aprendemos dela e con ela.

sábado, 8 de novembro de 2014

A festa do medo

Aquí vos deixamos unha presentación de fotos do que foi a nosa celebración do Samaín no colexio.
Pasámolo de medo (aínda que algún asustouse un pouco).

venres, 7 de novembro de 2014

Festexando o Samaín

Aquí vos deixamos unha ligazón ao xornal dixital Pontevedrviva, que fala da nosa celebración do Samaín.
 

Vídeos sobre o outono

E agora uns vídeos que nos falan do outono.


 

xoves, 6 de novembro de 2014

Xogos de outono

E agora uns xoguiños para o ordenador.

Empezamos axudando a Dora e aos seus amigos e recoller landras.

http://static.nickjr.com/game/assets/dora_ticosacorn/game.swf

Que vos parece se agora facemos caras con follas?

http://www.highlightskids.com/media/kids/highlightskids/import/Magazine/Oct07/h1magazineFlashObjects/oct07_LeafCreatures.swf


Agora imos limpar o chan de tantas follas que caeron esta noite.

http://www.akidsheart.com/flash3/autumn/leafsweep.swf


E agora un xogo de colorear paisaxes de outono.

http://www.sheppardsoftware.com/scienceforkids/seasons/paintandmake/paintandmakeautumnraking.swf

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...