viernes, 28 de junio de 2019

GRADUACIÓN



Xa estamos en PRIMARIAAAAAAAAAAAAAAAA.



jueves, 20 de junio de 2019

FESTA DA AUGA

Seguimos coa semana de celebracións, hoxe foi o turno da festa da auga, onde como podedes ver nas fotos, non consistía só en mollarnos. Había distintas estacións polas que íamos pasando en grupos: a da pintura, a da froita, a das sensacións, a diana con pistolas de  auga e os globos.

Non puidemos mollarnos tanto como nos gustaría porque o tempo neste mes de xuño non acompaña pero aínda así pasámolo xenial. 

Moitas grazas as mamás e os papás de 3 anos que nos axudaron na organización, sen eles non sería posible facer a festa.







miércoles, 19 de junio de 2019

A MAMÁ DE XOEL E MAIA

Hoxe era un día moi especial para Xoel por dous motivos:  celebraba o seu aniversario por primeira vez neste cole, pero o que máis ilusión lle facía era que viña a súa mamá a lernos un conto. Bueno realmente foron dous, e non veu soa, acompañouna Maia. Xoel estaba tan emocionado que practicamente nos contou el as historias, porque as coñecía moi ben.

Moitísimas grazas por vir.


ANIVERSARIOS DE XULLO E AGOSTO

Hoxe celebramos os aniversarios de xullo e agosto; e algo cedo pero  non querían quedar sen celebralo cos seus compañeiros e compañeiras no cole. Parabéns a Mario, Xoel, Antía, Delia, Irina, Gabi, Iria e  Fátima.  🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂


lunes, 17 de junio de 2019

ANIVERSARIOS MES DE XUÑO

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de xuño; como eramos moitos, xuntamos moita comida, biscoitos, galletas, brownie, melón, sandía... , estaba todo boísimo pero nos non o demos comido, polo que decidimos invitar as outras clases,  chegou para todo o cole. Moitas grazas familias pola vosa colaboración.

E sobre todo, PARABENSSSS a Breogán, Izan, Marta, Sofía, Manuel, Sofía Tejero, Iria, Éric, Andrea, Carla e  Andrea Seoane. 🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂🎂



jueves, 13 de junio de 2019

A NAI DE ANXO E O ZAPATEIRO

Hoxe foi o turno da nai de Anxo, trouxonos un conto moi bonito, cheo de emocións, que ningún de nos coñecíamos, titulábase "El zapatero y los duendes". E como nos sobrou algo de tempo,  pedímoslle que nos lera outro, que elexiu Anxo na nosa biblioteca. Gustáronnos moito, moitísimas grazas por vir a compartir un ratiño con nos.


SAÍDA OS BOMBEIROS

Por fin chegou o gran día da saída os bombeiros, este ano tivemos moitas, pero esta era a máis esperada, e non nos decepcionou. Primeiro explicáronnos o seu traballo diario, despois manexamos a mangueira e por último chegou a escuma, xa nos tardaba.

E para rematar este gran día fomos a merendar o parque de Lourido.

Un día perfecto. Moitímas grazas a estes PROFESIONAIS.

Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos.





                                           




lunes, 10 de junio de 2019

OS CONTOS DA NAI DE MARÍA

Hoxe veu a nai de María a lernos o conto  "O abrigo de Jana" e outro moi especial "Donde viven las Hadas"; este era un conto máxico, había que lelo a escuras e con moito silencio porque se non a maxia non funcionaba. 

Encantáronnos, moitísmas grazas por vir.


jueves, 6 de junio de 2019

SANTIAGO

Como xa sabedes o noso proxecto anual de centro trata do  "Camiño de Santiago", por iso pensamos que a mellor forma de rematalo era ir visitar Santiago de Compostela.
Foi un excursión fantástica, onde as pequenas e pequenos gozaron enormente e sorprendéronse con moitas das cousas que alí miramos.








Noraboa a estas pequenas e pequenos polo seu gran comportamento, foi fantástico estar con eles.



domingo, 2 de junio de 2019

AS COCIÑEIRAS CARLA E ANDREA

A case todos os nenos e nenas lles gusta cociñar e pasar unha tarde divertida na compaña dalgún adulto que os axude; iso foi o que fixeron Carla e Andrea o xoves pola tarde coa súa mama. Estiveron a facer magdalenas de chocolate e como lle sairon tan ben, trouxeronas para o cole para compartir cos seus compañeiros e compañeiras. Ademais de bonitas, estaban tan boas que non quedaron nin as frangullas.

Moitísimas grazas.







LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...