martes, 29 de marzo de 2016

Recollemos o noso contorno

Despois da nosa excursión para tirarmos o lixo nos seus colectores correspondentes observamos que o contorno do noso colexio estaba moi sucio, así que decidimos preparar unha nova saída para recoller algún dese lixo e axudar así a coidar o noso medio ambiente.
O primeiro que fixemos foi grupos de limpeza: o grupo azul que recollía o papel, o grupo verde que recollía o vidro (con axuda da profe), o grupo amarelo que recollía o plástico e o grupo marrón que recollía os orgánicos.
Pasámolo xenial e o noso contorno quedou moito máis limpo (non de todo por suposto) e despois de tanto traballar fomos merendar á Xunqueira e fixemos o recreo dese día no parque que aí onda praia.
Que ben o pasamos e canto aprendemos e traballamos polo ben común.

xoves, 17 de marzo de 2016

Mural de Coidado do Medio

Unha vez rematado o noso proxecto de Reciclaxe, aquí vos deixamos unhas fotos dos murais tan chulos que fixemos.


sábado, 12 de marzo de 2016

Merenda no parque

Despois da nosa excursión para aprender novas cousas e aplicar o xa aprendido, estivemos merendando no parque da Xunqueira e despois xogamos alí un pouco.

venres, 11 de marzo de 2016

Saída ao contorno

Hoxe fixemos unha saída ao noso contorno próximo para percorrer o camiño escolar e ver as sinais que por el atopamos e tamén para tirar "os nosos lixos" aos colectores correspondentes.
Pasámolo moi ben e aprendemos moito, ademais de poñer en práctica o xa aprendido sobre a reciclaxe.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...