martes, 23 de xuño de 2015

A MALETA VIAXEIRA

MIRADE PAPIS E MAMIS CANTO TRABALLASTES CON NÓS

martes, 16 de xuño de 2015

Sorpresa, sorpresa.

Hoxe os nenos/as da clase de 1º e a súa profe viñéronnos traer un agasallo á nosa aula para remataro o curso.
Nada máis e nada menos que nos regalaron o seu traballo, o seu esforzo... das últimas semanas na clase de plástica, para que nós melloremos a nosa motricidade mentres xogamos.
Gustounos moitísimo amigos, grazas por pensar en nos.

venres, 5 de xuño de 2015

Vídeos sobre o medio ambiente

Aquí podedes ver algúns episodios onde os personaxes preferidos dos nenos e nenas coidan o medio ambiente.

 

Día mundial do Medio Ambiente

xoves, 4 de xuño de 2015

E así é Colorines

Visita aos bombeiros

Aquí tedes unha pequena mostra do que foi a nosa vista ao parque de bombeiros do pasado martes.

martes, 2 de xuño de 2015

A nosa experiencia con Colorines

Mirade que experiencia máis fantástica, foi un acontecemento único e especial que nos encantou (a nós e aos nosos papás e mamás).

luns, 1 de xuño de 2015

Xa temos bolboreta

Hoxe pola mañá cando chegamos ao colexio a profe díxonos que algo máxico ía suceder este día xa que a crisálida de colorines cambiara de cor e xa non era verde... e iso só pode significar unha cousa.

En breve colorines pasaría de estar dentro da crisálida a ser unha bolboreta moi moi fermosa.
E o mellor de todo, como ía tardar un pouquiño en poder voar, poderíamos vela aprender a moverse agora que tiña as e poderíamos tocala.



Fomos ao Museo do Mar a Vigo e pasámolo moi moi ben.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...