mércores, 23 de marzo de 2022

Parabéns Carme!!

 Parabéns para ti, nesta data querida, moita felicidade, moitos anos de vida ... 🎼


Carme cumple 4 anos e no cole celebrámolo como é debido, con moita troula!!

 



 

🥰🥰🥰

 


martes, 15 de marzo de 2022

Froita na escola!!

Seguindo a costume de anos anteriores, hoxe comezamos co reparto de froita na escola de xeito que cada semana adicarémola a unha froita, co gallo de concienciar aos cativos e cativas da súa importancia e das súas propiedades. 

Comezamos coa semana das laranxas e das mandarinas...


 






Cada semana os nenos e nenas investigarán sobre a froita correspondente e irán elaborando entre todos e todas o libro das froitas.

luns, 14 de marzo de 2022

Celebramos o día do número Pi

 Hoxe é o día do número Pi e viñemos todos e todas guapísimos para a ocasión cos nosos sombreiros de PI...


 

 Realizamos moitas actividades de lóxico-matemática superdivertidas...


 

Primeiro fixemos a cidade de PI con bloques lóxicos...

 




Logo de xeito individual fixemos a cidade de PI cos pinchitos de cores:


E como non se pode celebrar unha festa sen pastel...

Para merendar os compañeiros e compañeiras da clase de 4° de Primaria trouxéronnos uns pasteliños do número Pi que estaban riquísimos!!! 😜🤪😜😝😛😋

 


E xa para rematar...

Decoramos o número Pi con moitas cores e números...

Mirade que chulada!!


 

domingo, 6 de marzo de 2022

Alá foi a sardiña!!

REMATAMOS O ENTROIDO, COMO É TRADICIÓN NO COLEXIO, CO ENTERRO DA SARDIÑA.

NON É UNHA SARDIÑA CALQUERA, ESTA FIXÉMOLA COLABORANDO TODO O ALUMNADO DAS CLASES DE INFANTIL.


 PINTÁMOLA DE MOITAS CORES NAS AULAS POR QUENDAS.

O VENRES VIÑEMOS DE LOITO PARA ACUDIR AO SEU PASAMENTO.

LEVÁMOLA EN PROCESIÓN ATA O SALGUEIRO CHORÓN DO PATIO, CHORANDO OS SETE CHORARES.

O MELLOR DE TODO É QUE A SARDIÑA É UNHA PIÑATA QUE LEVA UN TESOURO NAS TRIPAS.

ASÍ QUE VAREÁMOLA BEN PARA ACADAR CADANSEU AGASALLO.

AGORA TOCA TOMAR AS LAMBONADAS SEN COIDANDO NO CISCAR OS ENVOLTORIOS POR AÍ


AI, POBRE SARDIÑA!!!  O PRÓXIMO ANO MÁIS


BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...