xoves, 21 de decembro de 2023

É tempo de Nadal!

 Rematamos o trimestre coa celebración  dos cumples de novembro e decembro, a visita de Papa Noel e a festa de fin de ano.

Ai que ver o que nos gusta a troula!

 






FELICES FESTAS A TOD@S!!

venres, 17 de novembro de 2023

Froitos de outono

 Investigando sobre o qué comen as formigas descubrimos que son animais omnívoros, porque aliméntanse de animais e vexetais: insectos, animais mortos, cereais, doces, froitas, verduras e mesmo de froitos secos.



E aproveitando que estamos en outono e coa proximidade da celebracion do Magosto no cole, onde as protagonistas son as castañas, entrounos a curiosidade polos froitos secos e decidimos pedir a colaboración das familias para traer froitos secos ao cole e así tivemos a oportunidade de probalos, clasificalos, etiquetalos ...




 

E mesmo montamos un recuncho na aula!

Aprendemos moitísimas cousas...

O que máis nos chamou a atención foi descubrir que os cacahuetes non son froitos secos senón que son legumes da familia das lentellas e dos garavanzos...

Polo que temos unha nova misión entre mans: Plantar cacahuetes!

mércores, 15 de novembro de 2023

Unha visita moi especial...

 Hoxe tiremos unha gran sorpresa...

Visitounos o pai de Carme con Titi, o seu gatiño.

E Carme contounos moitísimas cousiñas da súa mascota.


Que ben o pasamos tanto nós coma Titi  cos nosos xoguetes...

 



venres, 3 de novembro de 2023

Aniversarios outubro

ESTE MES DE OUTUBRO CELEBRAMOS QUE
MARIO   E   JULIA 
TEÑEN UN ANO MÁIS.

MARIO  SOPROU A VELA DE  3 ANOS.

JULIA  SOPROU A VELA DOS 4 ANOS.

🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈

CELEBRÁMOLO  CUNHA FESTA NA CLASE  DE MARIO AS TRES CLASES  DE INFANTIL XUNTAS.

JULIA  RECIBIU DE AGASALLO  DA CLASE A SÚA INICIAL   DECORADA POR TOD@S.

PARABÉNS   AOS  DOUS!!

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

martes, 31 de outubro de 2023

Xa está aquí o Samaín!

 Pasámolo de medo co Samaín...


 

 

Fixemos manualidades para decorar a aula, obradoiros coa colaboración das familias, merendas terroríficas, concurso de cabazas, actuacións e mesmo un túnel do terror...



 


 











                     


                  🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

venres, 29 de setembro de 2023

Parabéns Mariña!!

 ESTE MES DE SETEMBRO CELEBRAMOS

 OS   ANIVERSARIOS   DE 

 MARIÑA  E O DE  NAIA

CELEBRÁMOLO  CUNHA  FESTA  CONXUNTA 
 TODO O ALUMNADO DE INFANTIL.
MARIÑA  CUMPRIU 4 ANOS.

🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈

NAIA  XA TEN  5

PARABÉNS   ÁS  DÚAS


BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

venres, 22 de setembro de 2023

Parabéns Naia!


Naia cumple 5 anos...


 


E que mellor xeito de comezar o curso que cunha festa rachada!

Parabéns Naia! 



mércores, 20 de setembro de 2023

As formigas

 Iniciamos o trimestre cun novo proxecto en mente!

🐜🐜🐜🐜🐜🐜🐜

Aproveitando o bo tempo, comenzamos a investigar...

 E no patio un formigueiro tiñabamos que atopar.






mércores, 21 de xuño de 2023

FIN DE CURSO

 PARECE MENTIRA, PERO XA PASOU UN CURSO ENTEIRO.

LEVAMOS 10 MESES INDO AO COLEXIO.

O FINAL, COMA SEMPRE, FOI  INTENSÍSIMO

TODO XIROU ARREDOR DOS CANGAREXOS ASÍ QUE PREPARAMOS UNHA POLKA PARA O FESTIVAL. PINCHA NO CANGAREXO PARA ESCOITALA 🦀


DECORAMOS AS BOLSAS DOS TRABALLOS CUN CANGAREXO NA BEIRA DUNHA PRAIA. 

BOTAMOS UN RATIÑO MESTURANDO AS CORES ATA ESTAR SATISFEITOS CO RESULTADO.

 TIÑAN AREA DA XUNQUEIRA  

  TAMÉN BURBULLAS DA ESCUMA DO MAR.  

PREPARAMOS NA CLASE AS CUBERTAS PARA OS TRABALLOS QUE FIXEMOS NA AULA ESTAMPANDO UN CANGAREXO 🦀

 PINTAMOS UNHA CAMISETA PARA LEVALA POSTA NO FESTIVAL DE ONTE 

🦀🦀🦀🦀🦀🦀🦀

HOXE PASÁMOLO PIPA XOGANDO COA AUGA,

 MOLLÁMONOS CANTO QUIXEMOS.

CAMBIÁMONOS NA CLASE A ROUPA MOLLADA POR OUTRA SECA PARA NON COLLER FRÍO.

REMATAMOS A FESTA COMENDO PIZZA E BAILANDO DESPOIS.

A PROFE ESTÁ MOI CONTENTA CON NÓS, PORTÁMONOS MOI, PERO QUE MOI BEN E APRENDEMOS MOITÍSIMO.

TEMOS TODO O VERÁN PARA XOGAR E ENREDAR NA PRAIA, NO PARQUE, COA FAMILIA E QUEDANDO COS AMIGOS E AMIGAS DO COLE.

PERO... TEMOS DEBERES PARA O VERÁN!

TEMOS QUE FALAR MOITO, PERO CADA VEZ MELLOR.

VAI SER DOADO PORQUE SE NON O FACEMOS BEN SEGURO QUE NON SABEDES QUE É O QUE QUEREMOS QUE NOS DEADES

GRACIÑAS POR ESTE MAGNÍFICO CURSO 

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...