domingo, 7 de abril de 2024

Parabéns!!

Celebramos os aniversarios de  Carmen e Saad que o 23 de marzo cumpriron 6 anos.

Moitos parabéns!!




venres, 16 de febreiro de 2024

Oompa-lompa

 É tempo de entroido e, os cativos e cativas de educación infantil, nesta ocasión confeccionamos na clase os nosos disfraces de OOMPA-LOMPAS inspirándonos na película de Wonka e no proxecto do chocolate que estamos a traballar nas tres aulas. 





luns, 22 de xaneiro de 2024

Chocoreceitas

 Este trimestre nas aulas de infantil imos facer un libro viaxeiro de receitas e postres con chocolate coa colaboración das familias. 

Para mostra un bombón!

Botade unha ollada.. 



 




















venres, 19 de xaneiro de 2024

Petiscos saudables

 OS CATIVOS E CATIVAS DE INFANTIL NESTE TRIMESTRE ESTAMOS LEVANDO A CABO O PROXECTO DO CHOCOLATE.

E COMO BOS LARPEIROS E LARPEIRAS QUE SOMOS NON HAI MELLOR XEITO QUE PROBÁNDOO...

HOXE PARA MERENDAR XUNTAMONOS PARA FACER BROCHETAS DE FROITA CON CHOCOLATE FUNDIDO.

ESTABAN RIQUÍSIMAS!

😋😋😋😋😋😋😋😋😋😋









LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...