venres, 1 de decembro de 2017

Visita ao castelo de Soutomaior

Que ben o pasamos e canto levamos aprendido estes meses.






luns, 27 de novembro de 2017

25N no colexio


Preme na imaxe para escoitar a nosa canción con motivo do 25N.

xoves, 23 de novembro de 2017

Cancións de castelos

Estas son algunhas das cancións que estamos escoitando na clase sobre os castelos.





mércores, 22 de novembro de 2017

Boletín Escolar

Hoxe repartimos ao alumnado de todo o colexio o boletín escolar número 7 con motivo da celebración do 35 aniversario do noso centro.
Agardamos que sexa do voso interese e que gocedes léndoo, xa que aínda moitos de vós formades parte da nosa comunidade educativa dende hai pouco tempo, outros facédelo dende hai moito e sentímonos moi satisfeitos de que gocedes co noso Proxecto Educativo e que nos deixedes sentires tan gratificantes coma estes:
"Sen dúbida, tomei a decisión acertada cando matriculei os meus fillos neste centro, a pesares de non residir xa na localidade. María Montessori dixo que “Unha proba do acertado da intervención educativa é a felicidade do neno” e os meus cativos son felices en Ponte Sampaio."
este:
"Ás veces aínda teño morriña, ganas de volver a ese marabilloso centro que deixou unha gran pegada no meu corazón e no que deixei a miña pequena contribución no mural do patio cuberto, nos corredores, e espero tamén, que na memoria dos mestres/as."
Este:
"Inaugurouse no 1982, no século pasado, non había nin 7 anos que morrera Franco, e desexámosvos a todos que deixe en vós tantos e tan bos recordos como deixou na nosa memoria."
ou este:
"É alí onde da igual que sexas alumna ou mestra en prácticas, porque sempre te van recibir cos brazos abertos, un gran sorriso na cara e palabras cheas de afecto."

mércores, 8 de novembro de 2017

Contos do Magosto

E agora uns contiños que xa se achega o noso magosto na escola.




Cancións do Magosto

Estamos traballando o magosto na aula, e que mellor forma de facelo que cantando.










martes, 31 de outubro de 2017

Facemos pantasmas

Co gallo do Samaín tamén estivemos facendo pantasmas cos nosos pés, gustounos moito a experiencia de pintar os pés e facer unha pantasma dun xeito tan sinxelo.


luns, 30 de outubro de 2017

As nosas cabazas

Deixámosvos aquí unha pequena presentación de fotos de como talamos as cabazas.
Agardamos que vos guste, nós pasámolo moi ben e aprendemos moito e traballamos en equipo.


Cabazas do Samaín


Que ben o pasamos preparando as nosas cabazas, e iso que aínda non rematamos.



martes, 24 de outubro de 2017

Máis recursos do Samaín


Na seguinte ligazón podedes atopar unha actividade Lim sobre o Samaín.


E aquí temos tamén un xogo para practicar a baleirar cabazas:


E como nos gusta moito colorear, unha actividade para colorear:



Aquí tedes máis debuxos, neste caso o pato Donald.


E unha presentación sobre as cousas típicas do Samaín.



Samaín from aripf

luns, 23 de outubro de 2017

Sesión de fotos

A pasada semana estivemos facendo unha sesión de fotos moi divertida para ter unha foto de grupo. Foi moi divertido, ensinámonos algunhas a ver se vos gustan.





Canción do Samaín

Hoxe escollemos a canción do Samaín que imos interpretar na Festa do Medo da vindeira semana.
Cal será, será?









sábado, 21 de outubro de 2017

Manualidade en grupo


Traballamos de xeito colaborativo nos nosos gorros de bufón.

Horario

Compartimos aquí o horario de clase e da merendas por se en algún momento os precisades.

martes, 17 de outubro de 2017

Cancións das rutinas.

Estas son algunhas cancións que cantamos habitualmente nas nosas rutinas.








luns, 16 de outubro de 2017

Facemos marcapáxinas

Estes días estivemos traballando moito na aula. Aprendemos os nosos nomes, o número 1, fixemos marcapáxinas de animais...



...

martes, 26 de setembro de 2017

Continuamos adaptándonos

Nos primeiros días de cole as nosas dinámicas son máis lentas e aprendemos a relacionarnos sendo todos amigos e xogando todos xuntos. É moi divertido ver como todos temos cousas en común.

martes, 12 de setembro de 2017

Traballando por recunchos

Imos aprendendo a traballar por recunchos, tal e como vos explicou a profe na reunión.
De momento cústanos, pero nunhas semanas xa estará dominado.

Benvidos

Pouco a pouco imos empezando a coller as rutinas de volta á escola.
Todo son novidades e ás veces custa un pouquiño, pero estámolo pasando moi ben e estámonos adaptando xenial aos cambios que nos trouxo este curso académico.

Puga Silvia de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 5 de setembro de 2017

Matemáticas Activas

Co proxecto de Matemáticas Activas os nenos/as desenvolverán o pensamento lóxico e aprenderán dunha forma vivencial, manipulativa e grupal, conceptos matemáticos básicos relacionados cos seguintes bloques de contido: xeometría e propiedades dos obxectos, medida e relacións espazo-temporais, lóxica e resolución de problemas, números e operacións...

Contidos anuais:

Xeometría e propiedades
• O máis grande / o máis pequeno
• Grande / pequeno
• Círculo
• Máis grande que / máis pequeno que
• Triángulo / cadrado /círculo
• Rectángulo / cadrado
• Máis grande que / máis pequeno que
•Círculo / óvalo
• Liñas abertas / liñas cerradas
• Liñas curvas / liñas rectas Medida e relacións espazo temporais
• Máis longo que / máis curto que
• Tan longo como
• Mási alto que / máis baixo que
• Tan alto como
• Cheo • Baleiro
• Antes / despois
• Dentro / fóra
• Crebacabezas
• A un lado / a outro lado
• Máis pesado que / menos pesado que
• Encima de / debaixo de
• Crebacabezas
• Diante de / detrás de
• Caber en / non caber en
• Antes / agora / despois
• Ordenación temporal
• Tan alto como
• Cerca / lonxe
• Ao redor de
• Pesado / lixeiro
Numeración e cálculo
• O un, escribir 1
• O dous • Escribir 2
• O tres • Escribir 3
• O cero, escribir 0
• O catro • Escribir 4
• O cinco . Escribir 5
• Iniciación á suma
• Escribir 5
• Sumas
• Primeiro/ último
• 1.º, 2.º, 3.º
• 1.º, 2.º, 3.º, 4.º
• Contar ata 5 • O seis
• Iniciación á suma
• Contar ata 6
•Escribir 6
• Sumas
Lóxica e resolución de problemas
• Series lóxicas
• Conxunción lóxica e
• Todos / non todos
• Series lóxicas
• Si é / non é
• Si..., entón...
• Series lóxicas
• Cuantificadores lóxicos
• Si é / non é
• Negación lóxica

venres, 14 de xullo de 2017

Consellos para o verán



E como non podía faltar, aquí vos deixamos uns conselliños para o verán. Gozade del e dos vosos pequenos e pequenas.

LINGUAXE:
  •  Pedirlles que nos conten o que fixeron durante o día. Deixarlles que falen escoitándoos con tranquilidade.
  •  Reforzar o trazo do nome, que escriba o dos seus familiares próximos, copiar palabras.
  •  Xogar coas vogais e consoantes que aprendemos.Discriminalas visual e auditivamente, desenvolver o trazo das mesmas, facer xogos con elas
  •  Acostumalos a pedir as cousas por favor, a dar as grazas, saudar, despedirse.
  •  Favorecer a súa linguaxe oral, aumentando o vocabulario coas experiencias deste verán e estruturar correctamente as frases.
  •  Xogar a palabras encadeadas, que empecen por... adiviñas, trabalinguas, poesías, cancións,
  •  Continuar contándolles contos en calquera sitio: o coche, a piscina, ao durmir...
  • Visitar bibliotecas municipais. Facer o carné para poder sacar xogos e contos acordes á súa idade.
ESCRITURA
A escritura pódese practicar en calquera momento aproveitando calquera actividade, poden escribir listas de palabras, ou pequenas frases (ben ao ditado ou por produción propia, con letra maiúscula ou minúscula).
É bo que debuxen e escriban sobre experiencias que tiveron. Pódeselles preparar un caderno con folios grampados deixando a maior parte do folio libre para que debuxen e facerlles unhas liñas debaixo para que escriban sobre o que debuxaron.
Neste traballo non é tanto a cantidade de debuxos e producións escritas como a calidade, estimuládeos a que os seus debuxos sexan ricos en detalles, o traballo sexa limpo, se non se termina nun día termínase en dous.
XOGOS DE LÓXICA-MATEMÁTICA:
  • Xogar con elementos da contorna para clasificar, facer series, contar elementos, operacións sinxelas de sumar e restar (engadir e quitar).
  •  Reforzar a serie numérica, grafía dos números, ascendente /descendente, anterior e posterior.
  •  Lembrar os días da semana, meses do ano, conceptos como grande- mediano-pequeno, duro/brando, xunto-separado, diante-detrás, longo-curto, preto-lonxe, cheo-baleiro, ancho-estreito.
  •  Fomentar os xogos de mesa: dominó, parchís, cartas..
  •  Xogos interactivos .
-Podedes realizar actividades que impliquen a lóxica matemática e o cálculo en situacións cotiás. Por exemplo, para facer a tortilla que fago primeiro, bater os ovos ou botala na tixola, canto vale a barra de pan?, garda os calcetíns no segundo caixón, pon a culler á dereita do prato. Se queredes que traballen un pouquiño podedes buscar pasatempos infantís tipo sudokus, crucigramas, buscar as diferenzas, xogos con números. Podedes xogar cos números xogando ás cartas xogos como o uno. Podedes xogar a quebracabezas, dominó, inicialos ao xogo das damas...

XOGOS ARTÍSTICOS:
  • Facer masas sensoriais e xogar con elas.
  • Proporcionarlles materiais diversos como revistas, xornais vellos, papel de agasallo, tubos de rolos de papel hixiénico, pinceis, acuarelas, tesoiras de punta redonda, pegamento, e permitirlles que invente, que recorten, coloreen, rasguen, modelen e peguen todo o que sexan capaces de imaxinar.
XOGOS DE MOVEMENTO:
Procurar que os nenos/as teñan liberdade para saltar, correr, subir /baixar, procurándolles espazos ao aire libre o máis frecuentemente posible.

NON ESQUECER:
  • O hábito de coller correctamente o lapis, sentar na cadeira e colocar o papel.
  •  Hábitos de aseo, orde e hixiene persoal xa deben ser desenvolvidos de maneira autónoma.
  •  Ofrecerlles demostracións de agarimo con caricias, bicos, cóxegas. Encomiar as condutas positivas sempre pero tamén castigar ou rifar as negativas.
  • Reforzarlles positivamente todos os logros que vaian alcanzando e axudarlles a mellorar aqueles que máis lles custen.
  • Non darlles todo o que pidan e ensinarlles a elixir.
  • Acostumalos a esperar. !Non se poden satisfacer as necesidades ou desexos no mesmo momento!
  • Os nenos/as necesitan estar con outros/as da súa idade para favorecer a comunicación e compartir experiencias socializadoras.

xoves, 22 de xuño de 2017

Festival de fin de curso

E o curso rematou.
Moitas grazas por todo e ata o próximo ano.

luns, 19 de xuño de 2017

Festa de Graduación

Despois de tres anos de aventuras xuntas toca despedirse, toca rematar a educación infantil e empezar a primaria con moitas ganas e ilusión.
Para festexalo como se merece o luns día 19 de xuño os nosos papis, mamis e avós e avoas fixéronnos unha festa de graduación chulísima, na que non faltaron globos, flores, tarta, gusanitos, agasallos, orlas, diplomas... e sobre todo moita ledicia polo tempo compartido e polo que queda por compartir.
Parabéns nenos/as por estes tres anos de esforzo, traballo, ilusións, xogos, alegrías, conversas, excursións, contos... pero sobre todo por ese compañeirismo e amizade creado entre vós e as vosas familias que espero dure para sempre.
Foi un pracer vervos medrar día a día, axudarvos a aprender e a descubrir o máxico mundo no que vivimos. E grazas por ensinarme tanto... tanto e por quererme tanto... tantísimo.
Bicos mil.


sábado, 17 de xuño de 2017

Visita á Illa de Medal

O pasado xoves día 15 de xuño fomos á Illa de Medal.
Foi unha saída moi divertida e os nenos e nenas pasárono moi ben.
Primeiro fixemos unha foto na ponte romana e despois subimos e fixemos un tramo do camiño de santiago no que atopamos moitos peregrinos e moitos coñecidos. Cando chegamos á casa de Mateo Maceira pasamos a almorzar filloas e despois continuamos andando.
Atopamos unha excursión de nenos/as de Vilaboa e seguimos ata a Illa de Medal.
Ao chegar percorrèmola e fixemos unhas fotos e sentamos a facer un picnic.
Cando estabamos merendando chegou outra excusión de Moaña, pero nos seguimos ó noso.
Logo chegou Lucía, a nai de Mateo e máis o seu can e xogaron con nós.
Cando xa era hora marchamos e fomos parando polo camiño na casa de Mateo e na dos avós de Gabriel.
Foi moi divertido, pero acabamos moi cansos.
medal

martes, 23 de maio de 2017

Ciclo da auga

Hoxe no colexio estivemos falando e traballando sobre o ciclo da auga, e tamén miramos algúns vídeos e escoitamos algunhas cancións sobre o mesmo.







mércores, 10 de maio de 2017

Carlos Casares

Hoxe empezamos a traballar a figura de Carlos Casares no colexio, xa veredes canto imos aprender na Semana das Letras Galegas sobre el. Empezamos pola ligazón ao blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e e os inventos de Toribio, que foi o conto que lemos hoxe.

http://edlgpontesampaio.blogspot.com.es/

mércores, 15 de marzo de 2017

Boletín escolar

E no noso boletín escolar podedes ver unha pequena homenaxe aos nosos avós e avoas que tanto nos ensinaron coas suas visitas os últimos meses.

martes, 21 de febreiro de 2017

Coñecendo o espazo

Pouco a pouco o noso proxecto vai collendo forma.


No 1999 a UNESCO proclamou o Día Internacional da lingua materna, dende entón cada ano o 21 de febreiro diversas actividades tentan promover o multilingüismo e a diversidade cultural.

As linguas axudan a transmitir tradicións, cultura, recordos, xeitos de pensar e de expresarse. Toda unha riqueza para o desenvolvemento das sociedades. Así o entendeu a UNESCO hai xa dezaoito anos, e dende entón actividades coma esta acción do disco "A nena e o grilo" axudan a fomentar a diversidade lingüística e cultural en todo o planeta..

luns, 20 de febreiro de 2017

Recursos multimedia

E agora que xa sabemos moitas cousas imos a seguir aprendendo, pero agora con xogos na PDI ou no ordenador.
Preme na imaxe para acceder


Preme na imaxe para acceder

domingo, 5 de febreiro de 2017

Máis cousiñas dos astronautas

Hai un documental de National Geographic moi interesante, evidentemente é moi longo e moi denso para os nenos, pero ten unhas imaxes fantásticas e hai comentarios moi interesantes para ver ben seleccionados. Aquí volo deixamos, nos na aula vemos algún anaquiño.

venres, 3 de febreiro de 2017

Coñecemos os astronautas

Imos empezar este novo proxecto falando dos astronautas e das naves que utilizan para ir ao espazo.
Empezamos cun conto de Lupito o astronauta.


E como non unha canción.



Ou dúas:



E agora que vos parece se aproveitamos a practicar algo de yoga como se fosemos astronautas no espazo exterior.

luns, 23 de xaneiro de 2017

Vídeo sobre o Sistema Solar

Imos empezar a coñecer información sobre o sistema solar.








xoves, 19 de xaneiro de 2017

Cancións

Algunhas cancións sobre o espazo.





martes, 17 de xaneiro de 2017

O lobo e a lúa

O luns día 16 de xaneiro fomos ao Teatro Principal para ver O lobo e a Lua de Baobah teatro. A obra gustounos moito, gustounos tanto que imos empezar un novo proxecto grazas a ela.



Aquí vos deixamos un pequeno fragmento.


O Lobo e a Lúa de Baobab Teatro - Tráiler from BAOBABTEATRO on Vimeo.



luns, 16 de xaneiro de 2017

Laika

Hoxe coñecemos a historia de Laika e unha canción sobre a súa historia.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...