luns, 29 de xullo de 2013

A nosa nova clase

O vindeiro curso xa imos ser os nenos/as de 5 anos, e imos ir para o piso de arriba cos maiores.
A profe estivo aproveitando o mes de xullo para ir poñendo a clase ao seu gusto, espero que vos guste e que o proximo curso pasemos unhas horas moi enriquecedores nela, cheas de bos momentos (e algún que outro castigo, supoño).
Feliz verán.


luns, 22 de xullo de 2013

POR FIN

Dende o día 20 de maio que a atopamos na nosa excursión á Illa de Medal fomos vendo como medraba e medraba a nosa pequena amiga, e como pouco a pouco facía a súa crisalidas; para que ao fin, despois dun longo tempo de espera, o día 21 de xullo pola mañá ben cedo naceu a nosa Papilio Machao "Bonita", e mirade se é bonita.

xoves, 18 de xullo de 2013

27 cousas que os nenos/as deberían facer antes dos seis anos

A continuación deixámosvos unha lista de 27 cousas que todos os nenos/as deberían ter experimentado antes dos 6 anos. Está redactada por uns educadores das escolas infantís verdes danesas e parecéronnos moi interesantes, pero algunhas con coidado, e tende conta que os vosos nenos/as aínda teñen tempo para facelas todas.
Feliz verán




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...