Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
venres, 30 de maio de 2014
mércores, 28 de maio de 2014
Inventando contos
Hoxe na aula estivemos inventando contos por parellas e foi unha actividade moi moi interesante. Non é a primeira vez que o facemos nin será a última porque é unha tarefa que nos gusta moito e nos permite traballar moitas intelixencias e habilidades.
A profe estaba moi contenta con nós porque nos implicamos moito na actividade e ademais de moi motivados estabamos moi compenetrados e traballamos un montón.
Con este nivel de implicación a estas idades, o resultado final é o menos importante.

...
luns, 26 de maio de 2014
Deica pronto profe Iris
Como ben sabedes durante uns meses tivemos dúas profes na nosa clase, pero por desgraza unha deles deixounos no mes de marzo para continuar formándose.
Aprendemos moito con ela e collémoslle moitísimo cariño, por iso a botamos moito de menos e lle preparamos unha festa de despedida e uns agasallos con axuda das nosas familias.
Moitas grazas profe Iris por darnos tanto cariño e tanta entrega durante o tempo que estiveches connosco.
Acaba pronto esa universidade que te queremos de novo no noso colexio canto antes.
...
xoves, 22 de maio de 2014
Semana Cultural
Durante a Semana Cultural do noso colexio realizamos moitas actividades como contacontos, teatro de sombras, excursións, visitas guiadas, roteiros... algunhas fotos das actividades nas que nós participamos podedes velas na seguinte presentación de imaxes.
Semana Cultural 2014 on PhotoPeach
Semana Cultural 2014 on PhotoPeach
mércores, 21 de maio de 2014
Entrevista á doutora
Hai xa uns meses que estivemos traballando os medios de comunicación, pero aproveitando que estamos preparando unhas follas para a revista escolar sobre este proxecto estivemos vendo na aula algunha das cousiñas que fixemos daquela.
Entre estas cousas está á visita ao centro de saúde no que nos aproveitamos para facerlle unha entrevista á doutora da vila.
Aquí vos deixamos dous pequenos audios de parte desa entrevista para que vexades que profesionais somos.
Aquí vos deixamos dous pequenos audios de parte desa entrevista para que vexades que profesionais somos.
xoves, 15 de maio de 2014
Adiviñas con flores
Como nos gustan moito as adiviñas e tamén nos gustan moito as flores, que mellor que xogar ás adiviñas coas flores. Apetécevos?
E non vos esquezade que como xa non é a primeira vez que traballamos as flores e as plantas, temos moitos recursos nas xanelas do lateral.
E non vos esquezade que como xa non é a primeira vez que traballamos as flores e as plantas, temos moitos recursos nas xanelas do lateral.
mércores, 14 de maio de 2014
Semana das Letras Galegas
Esta semana conmemoramos no cole o Día das Letras Galegas coa nosa Semana Cultural. Para tal fin durante estes días imos ter unha sesión de contacontos, un teatro de sombras, algunha saída... e estamos traballando no colexio sobre a figura do autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Sabedes quen é?
Aquí vos deixamos uns recursos que estivemos traballando na aula para tal fin.
Aquí podedes escoitar un dos seus poemas máis famosos: "esmeralda".
Aquí vos deixamos uns recursos que estivemos traballando na aula para tal fin.
Aquí podedes escoitar un dos seus poemas máis famosos: "esmeralda".
martes, 13 de maio de 2014
Imos plantar
Como xa sabedes estas semaniñas estamos investigando sobre as plantas, e que mellor forma de investigar que indo plantar sementes e bulbos e traendo obxectos motivadores á clase.
Imos plantar on PhotoPeach
Imos plantar on PhotoPeach
xoves, 8 de maio de 2014
Investigación do medio
Durante as próximas semanas imos facer unha pequena investigación do medio sobre as plantas.
Xa empezamos a facer acopio de materiais e recursos para a nosa aula (en breve ensinarémosvolos) e agora imos empezar a buscar información noutras canles que non sexa a nosa familia.
Aquí vos deixamos para ir empezando unhas pequenas presentacións sobre as cousiñas que imos aprender.

Las plantas from Ascen Román
martes, 6 de maio de 2014
Visita á biblioteca de Arcade
Con motivo do día de libro os nenos/as de educación visitamos a bibliteca de Arcade.
Xa non é a primeira vez que imos pero seguenos gustando moito ir xa que ademais de gozar moito lendo os libros que alí hai, de facermos o carnet da biblioteca, de aprender cousiñas de como funcionan as bibliotecas municipais... tamén damos un bonito paseo ata chegar a ela en compañía dos nosos compañeiros/as e das profes.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)