Esta semana co gallo do Samaín estivemos realizando un obradoiro de tallado de cabazas cos nenos de 4 e 5 anos.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
mércores, 29 de outubro de 2014
martes, 28 de outubro de 2014
Traballando coa cor branca
A pasada semana a branca foi a nosa cor e estivemos facendo cousiñas con ela: un día viñemos vestidos de branco, outro día trouxemos obxectos de refugallo e fixemos un mural, outro día trouxemos algún alimento de cor branca e fixemos unha degustacións, tamén fixemos manualidades de cor branca co gallo do Samaín (pantasmas e esqueletes).
Agardamos que vos guste o noso traballo
Agardamos que vos guste o noso traballo
venres, 24 de outubro de 2014
Xogando, cantando e aprendendo co Samaín
Na seguinte ligazón podedes atopar unha actividade Lim sobre o Samaín.
Aquí tedes un xogo para facer crebacabezas e para atopar diferenzas en dúas imaxes.
E aquí un xogo de parellas
E tamén podemos disfrazar un boneco como máis nos guste.
Ou tallar cabazas.
E como nos gusta moito colorear, unha actividade para colorear:
Aquí tedes máis debuxos, neste caso o pato Donald.
E unha presentación sobre as cousas típicas do Samaín.

xoves, 23 de outubro de 2014
Coñecendo a Diego
A semana do 13 de outubro Diego foi o noso encargado de clase e aprendemos moitas cousas del e da súa familia.
Aquí vos deixamos unha pequena presentación do que foi a nosa semana con Diego de protagonista, agardamos que vos guste tanto como a nós.
mércores, 22 de outubro de 2014
Festexando o medo
Co gallo do Samaín empezamos a traballar o medo no colexio, e aínda seguimos. Así que á espera da celebración da nosa festa do medo seguimos traballando sobre este centro de interese que tanto nos gusta.
Nesta ocasión é o profe Raúl o que nos preparou un glogster que aglutina moitas cousiñas relacionadas co Samaín.
Premede en cada un dos obxectos para despregar todos os recursos que están agochados.
Premede en cada un dos obxectos para despregar todos os recursos que están agochados.
martes, 21 de outubro de 2014
Vídeos de medo
E como xa falta pouco pouco para o Samaín imos ver unhas curtas de "medo".
The Monstrejo from Pep Lluis Llado on Vimeo.
The Monstrejo from Pep Lluis Llado on Vimeo.
domingo, 19 de outubro de 2014
Cancións do Samaín
Estas semanas na aula imos escoitar cancións de medo. Aquí vos deixamos algunhas para que vexades canto medo imos pasar e como asustan as nosas cancións.
Películas sobre o samaín
Que mellor forma de empezar a traballar o Samaín que vendo un vídeos de debuxos sobre o tema.
Xa chega o Samaín
As próximas dúas semanas o noso centro de interese vai ser o Samaín e todo o que está relacionado con el. Así que imos empezar cuns contiños que nos gustan moito e dos que aprendemos moitas moitas cousas.
venres, 17 de outubro de 2014
Mmmm...
Os nenos/as levaron hoxe unha nota que igual non esperabades pero que para nada é rara nos colexios, se queredes saber algo máis sobre o tema aquí vos deixamos unha pequena información para lerdes na casa.
xoves, 16 de outubro de 2014
Coñecendo a Marta
A semana do 6 de outubro a nosa encargada foi Marta e pasámolo moi ben falando dela e da súa familia.
Mirade cantas cousas aprendemos de Marta.
Mirade cantas cousas aprendemos de Marta.
mércores, 15 de outubro de 2014
Unha aventura matutina
Hoxe pola mañá na nosa clase pasou algo "singular". Que sería?
Aquí vos deixamos a información e máis as fotos da nosa experiencia.
xoves, 9 de outubro de 2014
Coñecendo a Lucía
A semana pasada Lucía foi a nosa encargada de aula e isto permitiunos a todos coñecela máis e mellor a ela e á súa familia.
Lucía tróuxonos moitas fotos para ensinar, tamén nos trouxo o seu xoguete favorito, e o seu conto e a súa película favorita. Pasámolo moi ben vendo retais da súa vida e compartindo o tempo con ela e, ademais, tamén fomos coñecer ao seu irmán Jose que xa está en 1º de primaria.

luns, 6 de outubro de 2014
Os días da semana
Na nosa clase utilizamos moito as cancións para aprendermos cousiñas como podedes ir observando.
Outro dos contidos que aprendemos con cancións son os días da semana, mirade que cancións máis sinxelas á vez que útiles.
Outro dos contidos que aprendemos con cancións son os días da semana, mirade que cancións máis sinxelas á vez que útiles.
domingo, 5 de outubro de 2014
A miña cara redondiña
Unha das cancións que cantamos na nosa aula é esta:
Agardamos que vos guste. Xa que ademais axúdanos moito para aprendermos a debuxarnos.
Agardamos que vos guste. Xa que ademais axúdanos moito para aprendermos a debuxarnos.
sábado, 4 de outubro de 2014
Aniversarios de setembro
O xoves día 25 de setembro celebramos os aniversarios dos nenos/as que fixeron anos nese mes.
Pasámolo xenial cos outros nenos/as do colexio e decoramos unhas coroas moi chulas.
Parabéns a Diego, Mauro, Sara e Lola, que xa son maiores.
Pasámolo xenial cos outros nenos/as do colexio e decoramos unhas coroas moi chulas.
Parabéns a Diego, Mauro, Sara e Lola, que xa son maiores.
venres, 3 de outubro de 2014
Período de adaptación
Agora que o Período de Adaptación xa rematou e estamos todos xa na escola xuntiños e a xornada completa, deixámosvos aquí unhas pouquiñas fotos para que vexades cantas cousiñas fixemos e que ben o pasamos.
xoves, 2 de outubro de 2014
Carapuchiña vermella
Hoxe no cole estivemos lendo o conto favorito de Lucía, que non é senón o de Caperucita Peppa. E despois de lelo estivemos vendo un vídeo de Carapuchiña vermella de Disney.
Agardamos que vos guste tanto como a nós.
Agardamos que vos guste tanto como a nós.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)