martes, 30 de outubro de 2018

Aniversarios do mes de outubro.

Esta semana é curta pero moi intensa, onte tocounos celebrar os aniversarios do mes de outubro, parabéns a Martín, Anxo e Alejandro  (aínda que non asistiu porque está maliño, botámola moito en falta).


venres, 26 de outubro de 2018

Obradoiro de cabazas

Hoxe foi un día diferente, despois do recreo viñeron algunhas familias o cole e estivemos baleirando cabazas para despois decoralas.  A algúns non nos gustou nada meter a man dentro dos calacús e axudamos cunha culler pero outros incluso nos atrevemos a probalos, estaban ben bos así sen cociñar.

Mauro si que cociñou o día anterior, trouxonos unha torta de cabaza que estaba boísima, non sobrou nada.

Motísimas grazas familias.











Taller de cabazas en 4anos.

Hoxe fixemos na nosa aula un taller de cabazas coas familias. Pasámolo xenial e aprendemos moito!!!

mércores, 17 de outubro de 2018

Facendo o Camiño de Santiago!!

Os nenos e nenas de 4anos fixemos un tramo do Camiño de Santiago acompañados de todos os compañeiros do cole. Pasámolo xenial e...... andivemos moito. Somos uns campeóns!

martes, 16 de outubro de 2018

Facendo o camiño Portugués

Como xa vos contarían,  hoxe fixemos un BO anaco do Camiño Portugués; a clase de cinco anos foi a que máis aguantou, non quixeron dar volta co resto de infantil e fixemos o mesmo percorrido que as clases de primaria.

Foi unha mañá moi divertida na que aprendemos moitas cousas, xa estamos desexando repetir.



xoves, 11 de outubro de 2018

Aquiles o puntiño

Estes días na clase de cinco anos estivemos a traballar o conto de Aquiles e hoxe fixemos cada un o seu;  había que facelo sen usar tesoiras, recortando cos dediños. Foi un pouco difícil pero o final quedounos moi xeitoso.


Sesión de cine na aula de 4anos!!

Hoxe tivemos unha sesión de cine na aula e pasámolo xenial.

martes, 9 de outubro de 2018

RECUNCHOS

Aprendemos por recunchos, pouco a pouco imos facendo un gran equipo.



 

xoves, 4 de outubro de 2018

Comezamos Co camiño de Santiago!

Todos e todas traballamos  na decoración da nosa aula e convertémonos en peregrinos. 

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...