martes, 27 de novembro de 2018

Aniversarios mes de novembro.

Hoxe celebramos os aniversarios de novembro, fixemos unha gran festa na clase de 3 anos; comemos tanto biscoito e gusanitos que os bocatas foron enteiros para a casa.

Foi unha magoa que Hugo non puidese acompañarnos, botámolo de menos.

Parabéns Hugo, Lucas, Pablo, Lois e Sandra.





25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe enchemos o noso cole de cor morada para manifestar a nosa repulsa hacia calquer tipo de violencia debido o xénero dunha persoa.
Escoitamos o conto "O libro dos porcos" contado entre algúns das alumnas e alumnos do cole, cantamos "Déjala que baile" de Melendi y Alejandro Sanz y "Compañeiras" a cal púxolle letra a mestra de música, Sandra.


CONTACONTOS

Sorpresa!!!! Unha contacontos na escola!!!! Siii, Olga Cuervo estivo este xoves no cole para levarnos a un gran mundo de soños como os que saen dos contos.
Quedamos marabillados, foi xenial. Un millón de grazas por vir.


luns, 19 de novembro de 2018

CADROS DE OUTONO

Hoxe os peques de Pontesampaio fixemos unha saída a contorna, coa excusa de devolverlle ao "Duende" o seu zapato. Vivimos o Outono na propia natureza, e que mellor xeito que facer un cadro con eses elementos naturais que alí nos atopamos. Foi unha experiencia xenial!!!!!!!






COÑECEMOS O OUTONO EN 3 ANOS

Grazas a colaboración das familias O Outono encheu a clase de 3 anos do seu aroma e  das súas cores. Cada unha das pequenas e pequenos contounos todo que apañaran para traer a aula.


O "duende" de outono.

Como xa sabedes, estes días andivo polo cole un trasno que nos trouxo distintas froitas de outono para que as probaramos; el non quere que o vexamos porque é moi vergoñento, pero o venres cando escoitámolas campás saimos todos a correr. O pobre asustouse tanto que perdeu os zapatos, por iso hoxe fomos ata o monte a levarllos; esperemos que os atope.



O Magosto

Este ano tivemos un día de magosto espectacular, facía tanta calor e brincamos tanto que ata puidemos andar de manga curta. Moitas grazas as familias que puideron vir a ensinarmos distintos xogos tradicionais e os asadores das castañas, sen eles non habería festa. Pasámolo en grande.


venres, 16 de novembro de 2018

O NOSO PRIMEIRO MAGOSTO

Hoxe celebramos o noso primeiro Magosto no cole de Pontesampaio. Pasámolo moi ben, xogamos moito( un millón de grazas as familias que viñeron acompañarnos), comemos castañas e nos enfurruscamos un pouco.






O "DUENDE" DE OUTONO" EN 3 ANOS

Como xa sabedes, durante estas semanas un "Duende" se paseou polo noso cole. Viña cargado de froitas de outono e mais dun poema.

TAN, TAN
QUEN É?
O OUTONO QUE VEN OUTRA VEZ...
CON MOITAS UVAS VERDES NO DELANTAL,
E MANDARINAS PARA REGALAR.



TAN, TAN
QUEN É?
O OUTONO QUE VEN OUTRA VEZ...
TRAIO CAQUIS E PIÑAS 
PARA AS VOSAS BARRIGUIÑAS.



TAN, TAN
QUEN É?
O OUTONO QUE VEN OUTRA VEZ...
HOXE CON NOCES, AMÉNDOAS E ABELÁS,
QUE RICAS QUE ESTÁN!



TAN, TAN
QUEN É?
O OUTONO QUE VEN OUTRA VEZ...
O QUE TOMA MILLO E GRANADA, 
NON ENFERMARÁ DE NADA.



TAN, TAN
QUEN É?
O OUTONO QUE VEN OUTRA VEZ...
TRAIO CASTAÑAS, QUE PODES ASAR, 
PARA O MAGOSTO FESTEXAR.


Para darlle as grazas, pintámolo entre todos:


xoves, 15 de novembro de 2018

Obradoiro de micoloxía.

O martes veu  Jaime da Asociación Micolóxica Brincabois a ensinarnos moitas cousas sobre os cogomelos. Despois das súas explicacións,  fomos ata o parque da Xunqueira e a Illa de Medal, polo camiño atopamos moitos exemplares de diversas especies. 

Podedes ver todo o que recollemos na exposición do patio do cole.

Moitas grazas Jaime, pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas.




venres, 9 de novembro de 2018

O duende do bosque 🏕 en 4anos

Esta semana viunos visitar o duende do bosque o noso cole e...... a todos os alumnos e alumnas de infantil troúxonos cada día unha cesta chea de froitas e froitos do outono: mandarinas, uvas, piñas, caquis, abelás, noces, granadas e ata millo. Hoxe co millo fixemos palomitas e tivemos unha sesión de cine.

luns, 5 de novembro de 2018

BAILE DE SAMAÍN


O SAMAÍN DOS PEQUENOS

Para celebrar o Samaín no cole fixemos unha merenda terrorífca e despois bailamos todos xuntos a canción de Tumba, Tumba. Somos uns artistas.




OBRADOIROS DE SAMAÍN

O martes 30 de outubro levamos a cabo unha serie de obradoiros interniveis co gallo de celebrar o Samaín.

Conxuros misteriosos

Momias terroríficas

Comidas terroríficas

Maquillaxes

Contos de medo

Xogos de terror


MES DE OUTUBRO NA AULA DE 3 ANOS

O mes de outubro deu para moito na aula dos pequechos do cole. Comezamos por facendo un anaco do Camiño co resto dos amigos do cole...Rematamos esgotados...

Seguimos, facendo os nosos morcegos para adornar a nosa aula, que medo!!!!

E como non, unhas pantasmas con follas de outono. Booohhh!!!


Para darlle un toque de cor ao Samaín acompañáronnos algunhas familias. GRAZAS, un placer contar con vós.






E por último, puxemos os nosos traxes máis terroríficos. Estábamos xeniales!!!!



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...