sábado, 22 de decembro de 2018

Actuación navideña!

E.... por último podedes ver o vídeo da actuación dos nosos nenos e nenas de 3,4 e 5 anos que o fixeron xenial.

Festa fin de ano!

A continuación podedes ver ós nenos e as nenas a través de un vídeo escoitando as 12 badaladas e comendo as uvas 🍇 🍇 🍇

Festa fin de ano!






Festa Fin de ano!!

Hoxe celebramos o último día do primeiro trimestre cunha macrofesta de fin de ano. Vestímonos de gala para a ocasión e sacamos moitas fotos no noso photocall. Ademais veunos a visitar Papá Noel e a darnos un pequeno agasallo e logo..... Comemos chocolate con rosca, e, tamén as uvas coas doce badaladas sen esquecernos de brindar 🥂 co champín.
Solo desexarvos familias un Bo Nadal e un próspero ano novo!!!!!




martes, 18 de decembro de 2018

OBRADOIRO FAMILIAS

Nesta entrada so teño palabras para dar as grazas as familias que viñeron a estar con nós nestes obradoiros. Foi unha mañá estupenda, onde espero que o gozasen tanto coma nós.






Cando rematamos o comimos todo, estaba boísimoooooo!!!! E marchamos contentísimos coa nosa árbore.




PORTA DE NADAL

Adornamos a nosa porta de nadal, para o que fixemos estrelas e ao noso amigo Olaf cunha mochila para poder facer o camiño.









ADORNAMOS A ÁRBORE DE NADAL

Xa que somos peregrinos fixemos conchas para adornar a árbore de nadal.

O conto dos tres porquiños

Hoxe viñeron dúas nenas de 5°de primaria a contarnos o conto dos 'Tres porquiños '. Estivemos moi atentos porque nos gustou moito.

Preparándonos para o Nadal

Xa queda nada para as vacacións de Nadal  e na clase de 5 anos xa case temos todo preparado para recibir a Papa Noel e os Reis Magos.





martes, 11 de decembro de 2018

Antón foi de viaxe!!

Antón esta ponte marchou a Italia, concretamente a Venecia e..... Acordouse de nós. Hoxe recibimos unha postal que nos escribiu desde alá. Qué contentos estamos coa nosa mascota.

luns, 10 de decembro de 2018

XA CHEIRA A NADAL!!

Xa chegaron as luces, o nadal está moi, moi preto!!! Por iso fixemos, entre os amigos de 3, 4 e 5 anos, uns obradoiros de Nadal interaulas.
Foi xenial pasear polo cole e cambiar de compañeiros e compañeiras.

  









OUTONO

Que rápido paso o tempo, xa estamos a rematar o primeiro trimestre; aquí tendes algunha das cousas que fixemos durante o outono na clase de 5 anos.


mércores, 5 de decembro de 2018

MESA DE LUZ

As novas experiencias sempre son motivadoras en si mesmas, así coñecimos a mesa de luz e xogamos con ela e as nosas follas de outono.

XA IMOS A BIBLIOTECA!

Os peques do cole xa imos coller contos a biblioteca para levar a nosas casas e ler coas nosas familias.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...