luns, 29 de abril de 2019

A TARTA DE SANTIAGO DE MARIÑA.

Como xa sabedes este año estamos co proxecto anual do Camiño de Santiago, e Mariña e a súa familia fixéronnos unha tarta coa cruz de Santiago que estaba exquisita. Moitísmas grazas.


martes, 23 de abril de 2019

Saída a Guyi-Guyi e a exposición Nais e fillas.

Hoxe, a pesar da choiva, fomos a Pontevedra a unha obra de monicreques titulada Guyi-Guyi e despois no café Moderno traballamos sobre a exposición Nais e fillas.

Moitas grazas as familias que nos puideron acompañar cos paraugas ata o bus.




venres, 12 de abril de 2019

O COELLIÑO DE PASCUA

Como actividade final deste 2º trimestre, o Coelliño de Pascua deixou polo patio escondido un chea de ovos de chocolate.
Pasámolo xenial buscando por todos os recunchos do patio, e tamén, por suposto comendo neles.




xoves, 11 de abril de 2019

EXPERIENCIAS EN FAMILIA

Que mellor forma de rematar o trimestre que coa inestimable axuda das familias da nosa aula. Desta vez tocoulle participar a familia de Mateo, a de Malia e de Lois.
Hoxe fixemos dous experimentos coas cores e, como non, tamén un obradoiro de froitas con chocolate.
Coma sempre, un millón de grazas familias, e espero que o gozarades tanto coma eles.





BOLSAS PRIMAVERA

Na clase de  3 anos preparamos unhas fermosas bolsas de primavera para levar os nosos recordos deste 2ºtrimestre que xa chegou ao seu fin.


BOTELLAS SENSORIAIS

As pequenas e pequenos de 3 anos estivemos traballando o noso nome, coa excusa de buscar a nosa inicial fixemos unhas botellas sensoriais.
O traballo manipulativo é fundamental na nosa aula, así para a preparación das botellas foi fundamental dito traballo.


mércores, 10 de abril de 2019

OVOS DE PASCUA

As vacacións de Semana Santa están aí o lado, e que mellor forma de despedir o segundo trimestre que facendo un obradoiro internivel.
Así a metade decoramos ovos e a outro metade xogou na outra clase, e viceversa.
Foi unha actividade moi divertida, pasámolo xenial!!!!!



Estes foron os resultados, quedaron chulísimos!!!!



martes, 9 de abril de 2019

AS GALLETAS DE ANDREA SEOANE

A semana pasada a nosa maleta estivo na casa de Andrea, xa lle quedan poucas familias por visitar. Ela e mailo seu irmán Fernando pasaron a fin de semana facendo uns animaliños con globos cheos de area, que lle quedaron chulísimos. 

Tamén tiveron tempo para cociñar galletas de chocolate, que hoxe quixo compartir cos seus compañeiros e compañeiras. Non quedaron nin as frangullas. Moitas grazas.


luns, 8 de abril de 2019

O COLE SEMPRE CHEO DE SORPRESAS

Hoxe no cole houbo unha chea de sorpresas...
Por unha parte Breogán trouxo unha merenda Suiza para compartir con todos. A merenda estaba composta por: queixo, minipic, ovos cocidos e chocolate.
Que mellor forma de tomala que preparándola nós mesmos. Así que mans a obra e todos a traballar...





E por outra banda,  o noso amigo amigo Martín, fixo para cada un de nós, coa axuda da súa familia, OS BECHIÑOS DOS NOSOS SOÑOS. 


Un millón de grazas familias, sempre un gozo contar coas vosas ideas.


martes, 2 de abril de 2019

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

O venres marchamos todos contentos a visitar o salón do libro a Pontevedra. Como facía un día espectacular aproveitamos para pasar una rato polo parque de madeira e merendar alí.


Despois adentrámonos nese mundo maravilloso dos contos. Foi un xornada xenial!!!!!



MARIO PENSABA QUE O GALEGO...

Os amigos de "Polo correo do vento" trouxeron o cole o conto Mario pensaba que o galego non servía para nada. Obradoiro moi entretido, xa que, ademáis de contarnos a historia aprendimos a mergullarnos no munda da ilustración, e debuxamos un pirata coa súa axuda.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...