venres, 31 de maio de 2019

EXPERIMENTAMOS COAS CORES

Os peques de 3 e 4 levamos a cabo un obradoiro de cores da man de "Colores" de Hervé Tullet.
Pero este é un conto especial, un conto diferente... pois é máxico!
A través das súas páxinas probamos, mezclamos, exploramos e manipulamos o mundo das cores mentres nos divertíamos creando as nosas propias obras de arte.
  
 
 

xoves, 30 de maio de 2019

PLANTANDO MILLO

Estamos no tempo da sementeira, a semana pasada pasada foron chícharos e agora é o turno do millo; a ver se temos sorte e sae algo. 




ANIVERSARIOS MES DE MAIO

Onte era o día de Nico, Carolina, Mateo e Leo, e para celebralo fixemos unha gran festa na que comemos ata fartar; como medran estes nenos e nenas. PARABENSSSSS OS CATRO🎂🎂🎂🎂🎂🎂

Añadir leyenda

mércores, 29 de maio de 2019

VISITA AO ALBERGUE

Como xa sabedes estamos a traballar o Camiño de Santiago, e como non podería ser doutro xeito, fomos visitar o recente albergue inaugurado pola familia de Delia e Athenea.



Moitas grazas Tomás pola atención, encantounos a visita.



martes, 28 de maio de 2019

MÁIS FAMILIAS

A semana pasada contamos coa axuda de dúas novas familias. A mamá de Nuno, coa que plantamos céspede, e o papá de Julia, co que fixemos una preciosos abanicos.
Coma sempre un placer contar coa cosa axuda. Grazas.




xoves, 23 de maio de 2019

PLANTANDO CÉSPEDE

Os peques de 4 e 5 levamos a cabo un obradoiro de plantado de céspede, e aproveitando que facía bo día, que mellor maneira que no patio!
Agora temos que regalo e coidalo moito, pois será a futura cabeleira dun monstro.



CONCERTO DE MIGALLAS

O martes antes do concerto fomos un ratiño ao parque do barco, despois tomamos o bocata para coller forzas e xa entramos a bailar e cantar con María e Carlos do grupo de teatro Migallas. Pasámolo xenial coas cancións que aprendemos no cole!!!!!!!!


xoves, 16 de maio de 2019

O XOGO COMO MÉTODO DE APRENDIZAXE

As pequenas e pequenos de 3 anos encántanos aprender de xeito autónomo. Levamos a cabo xogos que requieren máis movemento e outros máis tranquilos, sempre yendo a opción de elexilos libremente.





PLANTAMOS CHICHAROS

Aproveitando estes días de sol plantamos chicharos no patio. Foi xenial embadurnar coa terra e a agua.
Agora, esperar que medre.



mércores, 15 de maio de 2019

TÍTERES

Co motivo da celebración da semana Letras Galegas (que este ano ten coma protagonista a Antón Fraguas) e recordando que moi preto de nós, en Redondela estase a celebrar o XX festival de títeres, levamos a cabo un obradoiro de títeres de moscas!
pero... por que de moscas?
Aquí vos deixamos un poema do homenaxeado:
UNHA PULGA E UNHA MOSCA 
TRATARON DE SE CASAR
 FIXERON AS BOLAS XUNTOS
 E FALTÁBALLES O PAN. 
SAÍU A FORMIGA 
DO SEU FORMIGUEIRO 
-SE QUEREDES PAN
 EU SON PANADEIRO. 
-AGORA MENIÑA 
PANCIÑO XA TEMOS
 FÁLTANOS O VIÑO 
ONDE O TOPAREMOS?




martes, 14 de maio de 2019

O CONTO DA NAI DE MAURO.

Hoxe veu a nai de Mauro a lernos só un conto, porque aínda que trouxo dous, Mauro quixo lérnolo el e fíxoo moi ben.

Estaba tan bo día que aproveitamos a sombra debaixo do noso salgueiro chorón, encantounos a experiencia e se o tempo o permite farémolo máis veces.

Moitas grazas por vir a compartir con nós este ratiño.


xoves, 9 de maio de 2019

VERMES DE SEDA

Todos os días limpamos, alimentamos e observamos as nosas pequenas mascotas pero...crecen moi rápido!

OS AVÓS DE ÉRIC.

Por fin chegou o día, a Éric facíalle moitísima ilusión que viñeran os seus avós a lernos un conto, e onte puideron vir o avó Toni e a avoa Tere, cada un co seu conto; gustáronnos moitos e pasámolo moi ben.

Moitísimas grazas por vir a pasar con nos este momento de lectura compartida.


martes, 7 de maio de 2019

O CONTO DE ANDREA SEOANE.

Hoxe viñeron os pais de Andrea S. a lernos un conto chulísimo sobre os irmáns maiores que nos encantou porque tiña moitos sons; tamén trouxeron outros libros onde buscamos animais, a Wally...
Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que veña outra familia.

Moitísimas grazas por vir.


luns, 6 de maio de 2019

OBRADOIRO DE PRIMAVERA

Como xa sabedes,  este ano estamos a facer varios obradoiros interniveis, e hoxe foi o turno do Obradoiro de Primavera; ademais de probar novos alimentos, aprender moitas cousas desta estación,  o que queremos fomentar é a colaboración entre as distintas idades.

Aqui tendes unha mostra do ben que o pasamos.







xoves, 2 de maio de 2019

VERMES DE SEDA

Este trimestre, entre outras moitas cousas, estamos a traballar os vermes de seda; ademais de alimentalos e limpalos cada día, tamén os medimos, observámolos coa lupa, contámolos...





Lectura coa familia de Mariña.

O luns tivemos a visita da primeira familia que se animou a lernos un conto; viñeron a mamá de Mariña e o seu irmán con un libro precioso sobre a vida de Frida Kahlo; encantounos pasar con eles a hora da lectura e aprendemos moitas cousa desta marabillosa pintora mexicana.

Moitísimas grazas por vir.





mércores, 1 de maio de 2019

ANIVERSARIOS ABRIL

Coma sempre celebramos os aniversarios do mes correspondente. Neste caso os homenaxeados eran Izan e María.
Izan convidou a todos as suas amigas e amigos a biscoito e gusanitos, María non nos puido acompañar pero tamén nos acordamos dela.
Felicidades chicos!!!!!!


A ROSCA DE MATEO

O amigo Mateo preparou coa súa avoa unha rosca para compartir cas amigas e amigos na aula. Estaba boísima, a comimos enteira, non quedaron nin as migallas.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...