mércores, 22 de xuño de 2022

Festa Medieval

 Despedimos o curso como é debido ...

CON MOITA TROULA!!

Viñemos todos guapísimos e guapísimas para a ocasión...

Botade unha ollada!!

E logo de moito xogar e bailar ...
Comemos pizza🍕 
😋😋😋😋

BO VERÁN!!
VÉMONOS EN SETEMBRO 
😘😘😘😘😘😘


martes, 21 de xuño de 2022

Excursión de fin de curso

 Todo o cole fomos de excursión ao Grove, a pesares de que o tempo non acompañou, pasámolo en grande!!

Ao chegar a illa da Toxa fomos a aldea Grobit alí merendamos para repoñer forzas, xogamos e vimos os burros: Emilia, Pardo e Bazán.




E fomos no tren turístico...

Algún mesmo aproveitou para botar unha cabezadiña...
 
 
Logo subimos ata o mirador da Sidarella para comer...

 Ao rematar collemos o catamarán para dar un paseiño e ver o fondo marino!!


Unha viaxe xenial!!
😍😍😍😍😍



sábado, 18 de xuño de 2022

Científic@s por un día!!

 Os nenos e nenas de 3 anos pasamos unha xornada científica estupenda da man do alumnado de 5° de Primaria que veu facernos algúns experimentos.🧪🧫 

INFLARON UN GLOBO SEN SOPRAR

A LÁMPADA DE LAVA

ESCUMA MÁXICA

TINTA INVISIBLE

PARABÉNS AESTES PEQUENOS CIENTÍFICOS!!
😉😉😉😉😉



venres, 17 de xuño de 2022

Visita sorpresa!!


 Hoxe tivemos unha visita moi especial na aula de 3 anos...

Patricia, a nai de Carme, veu pasar un ratiño connosco...

Á volta do recreo fixemos ioga, ensinounos moitas posturas: o cangrexo, a quenlla, a estreliña de mar...


 

E logo fixemos un peixe lanterna que se iluminaba de verdade.


 

Encantounos!!

😍😍😍😍

 Moitas grazas por vir, volve cando queiras...

PASÁMOLO PIPA!!




martes, 7 de xuño de 2022

Parabéns!!

 Manuel e Gael cumplen 4 anos!!

Como pasa o tempo!!

Moitos parabéns!!

🥳🥳🥳🥳🥳🥳




 

🎊🎊🎊🎊

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...