venres, 16 de setembro de 2022

A NOVA XERACIÓN DA PONTE.

Comezamos no cole de maiores con moitas gañas, moita ilusión e xa sen máscaras...

😃👏 😃👏 😃👏😃 

 Como somos ben grandes non choramos, case, e pasámolo pipa coas novas amigas e amigos.

Xogamos na cociña, fixemos torres moi altas, escoitamos contos,  cantamos e bailamos e moitas cousas máis.

Como o conto do Polo Pepe foi un dos que máis nos gustou, pintámolo cos dedos de amarelo.

Xa sabemos facer un tren con maquinista

PÍO, PÍO, PÍO

ATA MAÑÁ ME DESPIDO

🐤 🐤 🐤 🐤 🐤 🐤 🐤

BIQUIÑOS DE MOITAS CORES PARA TODAS TODOS

💙💓💚💕💜💖💛 💗

xoves, 15 de setembro de 2022

Minimundo mariño

 Neste trimestre imos desenvolver conxuntamente en infantil un proxecto sobre o mar.

Os cativos e cativas de catro anos quixeron facer a súa "mini" representación do mundo mariño con diferentes materiais...

Botade unha ollada!!



🐠🐠🐙🐙🦀🦀🦑🦑🐋🐳🐬🐟🐡

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...