Investigando sobre o qué comen as formigas descubrimos que son animais omnívoros, porque aliméntanse de animais e vexetais: insectos, animais mortos, cereais, doces, froitas, verduras e mesmo de froitos secos.
E aproveitando que estamos en outono e coa proximidade da celebracion do Magosto no cole, onde as protagonistas son as castañas, entrounos a curiosidade polos froitos secos e decidimos pedir a colaboración das familias para traer froitos secos ao cole e así tivemos a oportunidade de probalos, clasificalos, etiquetalos ...
E mesmo montamos un recuncho na aula!
Aprendemos moitísimas cousas...
O que máis nos chamou a atención foi descubrir que os cacahuetes non son froitos secos senón que son legumes da familia das lentellas e dos garavanzos...
Polo que temos unha nova misión entre mans: Plantar cacahuetes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario