martes, 31 de xullo de 2012

Colaboración co Instituto de Tecnoloxías Educativas

O Equipo de Coordinación da Red de Buenas Prácticas 2.0 do Instituto de Tecnologías Educativas pertencente ao Ministerio de Educación púxose en contacto con nós para facerse eco do noso blog.
Despois de moito pensar e de moito traballar realizamos a seguinte exposición sobre o traballo do blog ao que podedes acceder na páxina do Ministerio de Educación.
Esperando que sexa do voso agrado e que reflicta a nosa realidade, aquí vos deixo a ligazón.
Felices vacacións. 

Distintivo de Buena PrácTICa 2.0

Visita da familia de Candela

A semana que Candela foi a nosa protagonista veunos visitar a súa madriña.
A madriña de Candela traballa nos barcos, igual que o seu papá; pero a verdade é que non nos entusiasmou moito o seu traballo, sabedes que foi o que máis nos gustou... a que dedica o seu lecer.
A madriña de Candela sabe tocar moi ben a pandeireta e ademais tamén baila de marabilla.
Fixemos un montón de cousas con ela: primeiro ensinounos que é unha pandeireta e como se toca (ata nos deixou intentar tocar a nós), logo aprendemos o "baile da carrasquiña" e saíanos xenial.
Despois de tanto baile descansamos un pouquiño mirando un vídeo de como baila ela, e para rematar ensinounos en directo como sabía bailar e nós tamén lle ensinamos a ela como bailabamos nós.ç
Como  nos gustou tanto a súa visita fixémoslle dous agasallos que a nós nos encantaban: unha das nosas manualidades de flores que vendemos no mercadillo e máis a nosa revista escolar que tanto traballo nos deu.
Moitas grazas pola túa visita, pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas.


Aniversario de Zaira

A última semana do curso 2011-2012 Zaira celebrou o seu aniversario connosco (xa ten 4 anos) e tróuxonos unha tarta riquísima.
 Pasámolo moi ben, encantounos a tarta e cada día cantamos mellor todas as cancións de felicitación de aniversario que sabemos.
Moitas felicidades Zaira.


Material para os nenos de 3 anos. Curso 2012-2013

Aquí podedes descargar o material escolar que van necesitar os nenos e nenas de 3 anos durante o curso 2012-2013.
De igual xeito que o material para os nenos de 4 anos, está personalizado para cada un dos nenos e nenas.

mércores, 25 de xullo de 2012

Lista de material para o curso 2012-2013

Ante a solicitude de algunhas nais de se podía darvos canto antes a lista de material para o vindeiro curso, aquí vos deixo un arquivo no que podedes ver o material que imos necesitar o próximo curso.
Tamén podedes coller unha copia do listado de material no taboleiro da entrada do colexio.
Fixádevos que cada neno/a ten a súa lista de material individual co seu nome.

 

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...