martes, 31 de xullo de 2012

Visita da familia de Candela

A semana que Candela foi a nosa protagonista veunos visitar a súa madriña.
A madriña de Candela traballa nos barcos, igual que o seu papá; pero a verdade é que non nos entusiasmou moito o seu traballo, sabedes que foi o que máis nos gustou... a que dedica o seu lecer.
A madriña de Candela sabe tocar moi ben a pandeireta e ademais tamén baila de marabilla.
Fixemos un montón de cousas con ela: primeiro ensinounos que é unha pandeireta e como se toca (ata nos deixou intentar tocar a nós), logo aprendemos o "baile da carrasquiña" e saíanos xenial.
Despois de tanto baile descansamos un pouquiño mirando un vídeo de como baila ela, e para rematar ensinounos en directo como sabía bailar e nós tamén lle ensinamos a ela como bailabamos nós.ç
Como  nos gustou tanto a súa visita fixémoslle dous agasallos que a nós nos encantaban: unha das nosas manualidades de flores que vendemos no mercadillo e máis a nosa revista escolar que tanto traballo nos deu.
Moitas grazas pola túa visita, pasámolo xenial e aprendemos un montón de cousas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...