mércores, 30 de xaneiro de 2013

Feliz Día da Paz

Feliz día da paz a todos.

Aquí vos deixamos algunhas cancións que escoitamos hoxe. Agardamos que vos gusten.

 













 E tamén algún xogo, é un pouco difícil pero hai algunhas actividades e contos que valen para os máis pequeniños.





martes, 29 de xaneiro de 2013

Outras casas e outras familias

Non todos os nenos e nenas viven coma nós. Aquí vos deixamos unha película moi bonita sobre outras formas de vida distintas ás nosas.
Agardamos que vos guste; nós só miramos un anaquiño na escola pero non dubidedes en vela toda.


venres, 25 de xaneiro de 2013

Saída ao contorno

O pasado luns, aproveitando que non facía moi mal tempo, fixemos unha pequena saída ao noso contorno máis próximo para vermos as nosas casas e máis as dos nosos veciños e amigos.
A verdade é que nos gustou moito saír da escola e pasear tranquilamente pola vila fixándonos en algúns detalles nos que non nos fixaramos antes.
Saír do cole xa foi moi divertido pero ademais no noso paseo atopámonos con varios familiares e amigos e miramos moitísimas casas e algúns animais; pero sen lugar a dúbidas o máis divertido foi cando chegamos á casa da avoa Maruja (a avoa da nosa amiga Candela) que nos invitou a coñecer a súa casa e despois nos deu unhas galletas. Tamén estivemos falando coa carteira, con algúns veciños, co papá e os avós de Javier López, coa mamá de Edu e Uxía...  e xogando con algúns animais.
Pena que á profe non se lle ocorra sacarnos da escola máis a miúdo porque nos gusta moitísimo.


luns, 21 de xaneiro de 2013

Día da Paz

A próxima semana imos celebrar o día da paz e entre outras moitas actividades imos intentar aprender unha canción adaptada polo profesor de música. Intentaremos aprender cando menos o estrebillo, pero canto máis mellor.
Aquí vos deixamos o karaoke da canción e máis a letra por se vos gusta.






IMAXINA QUE ALGUN DÍA
XENTE DE DISTINTA COR
POIDA ESTAR REUNIDA
SEN ODIARSE , SEN RENCOR
IMAXINATE POR UN MOMENTO
A TODO O MUNDO CONTENTO

 
IMAXINA QUE NAS GUERRAS
AS BALAS FORAN DE ALGODÓN
QUE SOAMENTE CON FALAR
SE ATOPARA A SOLUCIÓN
IMAXINATE POR UN SEGUNDO
QUE HOUBERA PAZ NO MUNDO

 
DENDE PONTESAMPAIO
PEDIMOLO POR FAVOR
CONSTRUAMOS ENTRE TODOS
UN MUNDO MELLOR

 
IMAXINA QUE A XENTE
FOSE MENOS MATERIAL
QUE REPARTIRA UN POUQUIÑO
COS QUE TEÑEN NECESIDADE
IMAXINATE POR UN INSTANTE
QUE NINGUEN PASARA FAME

 
DESDE PONTESAMPAIO…..

venres, 18 de xaneiro de 2013

Cancións da casa

Aquí vos deixamos algunhas sobre as casas que nos gustan moito.









xoves, 17 de xaneiro de 2013

Contos de casas


O conto de casas que máis nos gusta sen dúbida ningunha é:

mércores, 16 de xaneiro de 2013

La casa amarilla

Hoxe na nosa hora de xogar a pensar con arte estivemos vendo un cadro de Vincent Van Gogh que nos gustou moito. O seu título é La casa amarilla e foi pintada por Vincent Van Gogh en 1888.



Os iglús

Hoxe estivemos falando no colexio de distintos tipos de casa e unha das que máis nos gustou foi o iglú, así que estivemos vendo uns debuxos de algúen que vive nun iglú, Quen será?






martes, 15 de xaneiro de 2013

Os sons das casa

Imos ver se conseguimos adiviñar que sons da casa imos escoitar.

luns, 14 de xaneiro de 2013

Tipos de casas

Aquí podedes ver un vídeo sobre os tipos de casa que estamos traballando nesta unidade.

xoves, 10 de xaneiro de 2013

O polo Pepe

Hoxe Zaira tróuxonos o conto do Polo Pepe, a verdade é que xa o lemos moitísimas veces pero séguenos encantando; aquí vos deixamos a canción para que cantedes con nós.




E tamén vos deixamos unha presentación do conto para poder lelo na casa.



Presentación pollo pepe from kelablanco

E unha copia da canción que nos mandou a mamá de Zaira.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...