venres, 25 de xaneiro de 2013

Saída ao contorno

O pasado luns, aproveitando que non facía moi mal tempo, fixemos unha pequena saída ao noso contorno máis próximo para vermos as nosas casas e máis as dos nosos veciños e amigos.
A verdade é que nos gustou moito saír da escola e pasear tranquilamente pola vila fixándonos en algúns detalles nos que non nos fixaramos antes.
Saír do cole xa foi moi divertido pero ademais no noso paseo atopámonos con varios familiares e amigos e miramos moitísimas casas e algúns animais; pero sen lugar a dúbidas o máis divertido foi cando chegamos á casa da avoa Maruja (a avoa da nosa amiga Candela) que nos invitou a coñecer a súa casa e despois nos deu unhas galletas. Tamén estivemos falando coa carteira, con algúns veciños, co papá e os avós de Javier López, coa mamá de Edu e Uxía...  e xogando con algúns animais.
Pena que á profe non se lle ocorra sacarnos da escola máis a miúdo porque nos gusta moitísimo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...