mércores, 27 de febreiro de 2013

Visita á biblioteca

Onte fixemos a nosa visita á biblioteca de Soutomaior e gustounos moito.
Gustounos moito a biblioteca, estivemos lendo moitos libros, coñecendo os distintos recantos que hai alí e ademais leronnos algúns contos moi bonitos.
Tanto no camiño para ir como no camiño para volver portámonos moi ben e como premio as profes deixáronnos merendar no parque.


Se premedes na foto podedes acceder as imaxes da nosa excursión.

De regreso ao colexio non tiñamos moitas ganas de traballar así que estivemos falando da nosa excursión e despois miramos un capítulo de Caillou que tamén visitaba unha biblioteca.



sábado, 23 de febreiro de 2013

Día de Rosalía 2013

Hoxe celebramos o día de Rosalía na escola e fixemos moitísimas cousas:
O primeiro que fixemos foi ver unha presentación sobre Rosalía con catro cousiñas de onde naceu, onde viviu, as súas obras, a súa morte... despois puxémonos a facer un mural e máis tarde a cumprir co noso lema: No día de Rosalía: flores, poesía e alegría.
Así estivemos decorando unha poesía da "Negra sombra" para as nosas familias, logo fixémoslle unha flor de plastilina e xa por último os nenos e nenas de 5º curso viñéronnos ler poesías de Rosalía e os nenos e nenas de 5 anos recitáronnos tamén unha  poesía de Rosalía que aprenderon coa súa profe.
 Hoxe foi un día especial.

 

venres, 22 de febreiro de 2013

Día de Rosalía

Hoxe 22 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro nos centros escolares.
Nós pola nosa parte estivemos falando algo dela e escoitando algúns dos seus poemas.
Aquí volos deixamos para que vós tamén os escoitedes.






E tamén vos enviamos un pequeno tríptico moi breve sobre unha das escritoras galegas máis universais, ou a máis universal incluso.



E unha breve presentación da súa vida e obra.


mércores, 20 de febreiro de 2013

A habitación de Arlés

Hoxe na nosa hora de xogar a pensar estivemos vendo, estudando, analizando e valorando unha obra que nos gustou moito que se titula "A habitación de Arles" e foi realizada por Vincent Van Gogh.
Como vedes seguimos traballando as casas, aínda que dende outro punto de vista.
Aquí vola deixamos.


xoves, 14 de febreiro de 2013

Feliz Día do Amor

Hoxe estivemos festexan no colexio o día do Amor e para isto fixemos un agasallo para as nosas familias e para nós, lemos algúns contos e logo vimos algunha película; aquí volas deixamos por se as queredes ver.

 



 E por se vos apetece facerlle un agasallo a alguén aquí vos deixamos unha idea.

 

venres, 8 de febreiro de 2013

Festa de Entroido

Hoxe celebramos no colexio a festa do Entroido e pasámolo xenial, sobre todo correndo detrás do galo e comendo nos postres que fixeran os nosos pais.
Aquí vos deixamos unhas pouquiñas fotos para que vexades o guapos que estabamos.



E se queredes ver máis fotos da festa, non dubidedes en entrar na páxina do noso colexio que hai moitísimas máis.


Feliz Entroido, pasádeo xenial.

xoves, 7 de febreiro de 2013

Aprendemos co Entroido

Como imos estar moitos días de vacacións, aquí queda algún xogo máis para aprender moitas cousas do Entroido e traballar moitos contidos curriculares.






mércores, 6 de febreiro de 2013

Celebramos o Entroido

Esta semana estamos gozando ao máximo do Entroido disfrazándonnos todos os días con algo novo.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do guapos que estamos vindo ao colexio estes días.

domingo, 3 de febreiro de 2013

Chegou o Entroido

E para ir traballando o Entroido nada mellor que un xogo para empezar.


A casiña de chocolate

Outro conto das casas que nos gusta moito é a o da casiña de chocolate. Aquí vos compartimos unha narración.



E tamén unha versión do conto de Mickey Mouse.


sábado, 2 de febreiro de 2013

As intelixencias múltiples

Compártovos aquí un vídeo sobre as intelixencias múltiples e como potenciar o mellor de cada neno/a para que poidades ver e aprender.




Capítulo 1: Escuelas de Inteligencias Múltiples from Ikaia on Vimeo.

venres, 1 de febreiro de 2013

Ladrillo a ladrillo...

Aquí vos deixamos outra canción sobre un tipo de casas que nos gusta moito, sobre todo a coreografía.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...