Hoxe celebramos o día de Rosalía na escola e fixemos moitísimas cousas:
O primeiro que fixemos foi ver unha presentación sobre Rosalía con catro cousiñas de onde naceu, onde viviu, as súas obras, a súa morte... despois puxémonos a facer un mural e máis tarde a cumprir co noso lema: No día de Rosalía: flores, poesía e alegría.
Así estivemos decorando unha poesía da "Negra sombra" para as nosas familias, logo fixémoslle unha flor de plastilina e xa por último os nenos e nenas de 5º curso viñéronnos ler poesías de Rosalía e os nenos e nenas de 5 anos recitáronnos tamén unha poesía de Rosalía que aprenderon coa súa profe.
Hoxe foi un día especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario