Esta fin de semana inaugurouse en Pontevedra o Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Durante a súa celabración (do 2 ao 23 de marzo) realízanse numerosas actividades para os máis pequenos (contacontos, obras de teatro, concertos...) ademais dunha exposición permanente de traballos escolares e de numerosos libros.
Dende aquí quero convidarvos a todos a visitala porque é moi enriquecedora para os nenos e nenas, e se podedes botádelle unha ollada antes ao programa para ver que actividades vos interesan máis; podedes acceder á programación en www.salondolibro.org ou premendo na seguinte imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario