Así que hoxe na nosa clase empezamos a traballar a nova estación con moitas ganas e botamos man de algúns recursos que a rede nos ofrece e que aquí vos deixamos para seguir xogando e mirando na casa.
Para empezar aquí podedes ver unha presentación de fotos típicas do outono que ten como música de fondo "O Outono" de Vivaldi.
Aquí temos unha actividade lim sobre o outono para aprender moitas cousas.
Tamén estivemos lendo algunhas poesías do outono e imos intentar aprender algunha, aquí vos deixamos algunhas mostras.
Poesías del otoño from Salvia
Nesta ligazón podedes xogar a construír caras cos distintos elementos típicos do outono.
Nesta ligazón podedes practicar o voso manexo do rato barrendo as follas que caén das árbores coa chegada do outono.
E tamén unha canción do outono que nos gusta moito.
E para traballar o outono, nada mellor que unha actividade Lim para xogar e aprender.
E como non máis e máis xogos para dominarmos as Novas Tecnoloxías dende ben pequeniños.
E máis xogos para non aburrirnos na casa eses días de choiva.
Tamén tedes un pequeno slideshare sobre as froitas do outono en galego, castelán e inglés.
Aquí podedes xogar cos vedoques e aprender moitas cousas dos froitos do outono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario