mércores, 29 de xaneiro de 2014

DIA DA PAZ

Se queredes coñecer algo máis sobre Nelson Mandela déixovos este LIM que elaborou o profe Juan para os máis pequeniños do colexio.

 

venres, 24 de xaneiro de 2014

Hoxe coñecemos a señora da montaña

A letra que aprendemos hoxe é "o m" da nosa amiga Mell.
Agardamos que vos guste.

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Información sobre o corpo humano

Aquí vos deixamos un glogster moi completo sobre o corpo humano con moitos xogos de Pelayo e compañía.

martes, 21 de xaneiro de 2014

Nelson Mandela

Hoxe na clase estivemos empezando a falar sobre a figura de Nelson Mandela, e pareceunos moi interesante, tanto que xa aprendemos algunhas cousiñas como por exemplo: que foi Premio Nóbel da Paz, que estivo na cadea, que foi o primeiro presidente negro de Sudádrica...


Preme na imaxe para ver a vida de Mandela en imaxes.


http://www.elmundo.es/especiales/internacional/nelson-mandela/album/12.html

Este documental é para papis, así podedes responder ás preguntas que vos fan os nenos/as, para eles é demasiado longo.



Aquí vos deixamos outra versión da canción que estamos preparando para o Día da Paz, neste caso con máis percusión.

luns, 20 de xaneiro de 2014

Niños en la playa de Sorolla

Dentro da nosa programación semanal da actividade de Xogar a pensar con arte, e mentres dure o noso centro de interese do corpo humnano, a obra de arte que imos "analizar" é  Niños en la playa de Sorolla.


Se premedes na imaxe podedes acceder a máis información sobre este cadro, se ben a nosa interpretación do mesmo non é exactamente a mesma que a dos especialistas na materia. A nosa capacidade perceptiva vai máis aló e está pragada de grandes doses de imaxinación que enriquecen enormemente a nosa visión desta obra de arte.

E aquí tedes un vídeo coa visión máis profesional do cadro, coa que nós non estamos moi de acordo.



E unha presentación con máis cadros de Sorolla.

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Día da Paz

Como ben sabedes o próximo xoves día 30 de xaneiro é o DÍA DA PAZ e no noso colexio xa estamos empezando a traballar para celebrar tan importante conmemoración.
Este ano imos falar da importancia de Nelson Mandela para acadarmos esta tan ansiada paz que todos buscamos e as nosas actividades van versar sobre el. Con tal motivo tamén imos aprender unha canción de Pablo Milanés que fala del e da súa forma de de ver o mundo e a humanidade.

 

martes, 14 de xaneiro de 2014

A letra l

Hoxe estivemos coñecendo unha nova letra minúscula o "l" da nosa amiga Lucía. Aquí vos deixamos a canción que nos gusta moito.

 


domingo, 12 de xaneiro de 2014

Novo centro de interese

As próximas dúas semanas na nosa clase imos traballar un novo centro de interese "o corpo humano" e tamén estudaremos dúas letras minúsculas novas "o l" e "o m".

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...