Dentro da nosa programación semanal da actividade de Xogar a pensar con arte, e mentres dure o noso centro de interese do corpo humnano, a obra de arte que imos "analizar" é Niños en la playa de Sorolla.
Se premedes na imaxe podedes acceder a máis información sobre este cadro, se ben a nosa interpretación do mesmo non é exactamente a mesma que a dos especialistas na materia. A nosa capacidade perceptiva vai máis aló e está pragada de grandes doses de imaxinación que enriquecen enormemente a nosa visión desta obra de arte.
E aquí tedes un vídeo coa visión máis profesional do cadro, coa que nós non estamos moi de acordo.
E unha presentación con máis cadros de Sorolla.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario