Queridas familias:
A adaptación dos vosos nenos e nenas ao Centro de Educación Infantil depende, en gran medida da seguridade e confianza que lle ofrezades dende o primeiro día.
Recordade que vai afrontar una nova experiencia, chea de emocións, medos, ansiedade e desexos, e necesita comprensión e cariño dos adultos. Por iso, non esquezades dicirlles con frecuencia, nestes días, o moito que os queredes e o orgullosos que estades dos seus pequenos triunfos.
Tede en conta que o traballo en equipo, a produción colaborativa e a socialización das experiencias son fundamentais á hora de afianzarnos neste camiño. E nel resulta indispensable contar coa participación das familias na vida escolar.
Xuntos construiremos un vínculo sólido entre o centro educativo e a comunidade.
Feliz adaptación á "escola de maiores".
Ningún comentario:
Publicar un comentario