mércores, 30 de decembro de 2015

xoves, 24 de decembro de 2015

Segue a Papá Noel

No Nadal todos intentamos sorprender aos nenos/as e desta vez Google esforzouse ao máximo e creou unha páxina para seguir a viaxe de Papa Noel polo mundo mentres entrega os agasallos de a todos os nenos e nenas que o mereceron.
Agora mesmo está no Océano Pacífico... e ademais na páxina hai moitos xogos e vídeos moi entretidos para esta data.
Preme na imaxe para acceder.

martes, 22 de decembro de 2015

mércores, 16 de decembro de 2015

Calendario

No colexio estamos elaborando o calendario do ano 2016 con motivo da conmmemoración do Día das Letras Galegas a Manuel María.
Esta foi a versión que nos fixemos cos nosos debuxos e a axuda da profe.



martes, 15 de decembro de 2015

Calendario 2015

O papá de Lucía fíxonos este calendario tan bonito.

luns, 14 de decembro de 2015

Ja ha arribat el tió

Hoxe Lola tróuxono un conto do Tió de Nadal. Como ben sabedes a mamá de Lola é de Girona e o Tió é unha tradicional festa Navideña Catalana na que se entregan xoguetes e golosinas aos nenos/as. E como Lola se vai ir de vacacións a Girona decidimos que o mellor era acompañala "no avión" e ir todos a buscar o noso agasallo do Tió; non sabemos que vos parece a idea pero a nós pareceunos unha idea fantástica e Lola dixo que cantos máis mellor así eramos máis para xogar ao escondite e ir en avión era moi divertido.
O Tió de Nadal é un personaxe mitolóxico catalán e a base dunha tradición moi arraigada en Cataluña que consiste en que a principios de decembro se instala o Tió, que se trata dun tronco ao que se lle dá de comer cada noite e se tapa cunha manta para que non pase frío. A celebración consiste en azoutar ao tronco cun bastón o día de Nadal, e trae pequenos xoguetes e golosinas repetidamente a base de darlle golpes de bastón acompañados das chamadas cancións do Tió. Tamén nos dixo Lola que hai que ir en fila porque senón asústase e non dá nada.
O Tió nunca trae obxectos grandes, pois estes xa os traen os Reis Magos, senón chucherías, barquiños e turróns para os máis pequenos. É común que leve unha barretina e unha cara sonrrinte nun dos extremos e que se sosteña con dúas ou catro patas.

Este é o conto que nos trouxo Lola:



E estas algunhas cancións do Tió:





Onde vive Papá Noel?

Hoxe no colexio estivemos falando de Papá Noel e de onde vivía, e a profe díxonos que vivía no Círculo Polar Ártico, en Laponia, e ensinounos fotos e vídeos e mapas (pero a algún non lle gustou a idea).
Aquí vos deixamos algúns dos vídeos que miramos para volver miralos, xa que nos gustaron moito.









xoves, 3 de decembro de 2015

Unha triste despedida

Este ano novo tráenos noticias tristes, o noso amigo Yoel deixa este noso colexio e esta nosa contorno para vivir grandes aventuras cos seus pais nun lugar moi lonxano (segundo el) onde hai tiburóns (segundo o profe Avelino).
Dános moita mágoa que nos deixe e imos estar un pouco tristes sen el pero ás veces estas cousas pasan e hai que seguir para adiante con moita forza e ánimo.
Aquí estaremos sempre Yoel, agardando que algún día volvas onda nós (aínda que sexa de visita).
Desexamos de todo corazón que vos vai moi moi ben a ti e á túa familia.

mércores, 2 de decembro de 2015

A pirámide dos alimentos

Estes días na aula estivemos traballando a pirámide dos alimentos: coñecéndoa, falando dela, da súa importancia, facendo unha... e como non xogando.
De seguido tedes un xogo en liña para practicar con ela.

martes, 1 de decembro de 2015

Os bos hábitos é un xogo completísimo que presenta unha secuencia didáctica na que se traballan os hábitos alimenticios, os hábitos de coidado do corpo, a importancia dunha boa compra e de realizar unha dieta equilibrada. O xogo comeza cunha animación na que se fai un percorrido polos aspectos máis significativos para pasar ás actividades.
Fai click na imaxe para ir ao xogo



luns, 30 de novembro de 2015

Visita da nai de Marta

A semana que Marta foi a nosa encargada visitounos a súa nai, Lena, con Sandra xa na barriga a punto de saír.
Fixemos unhas chapas superchulas con motivos do Samaín e cos nosos nomes.

venres, 27 de novembro de 2015

Preparándonos para o Nadal

Xa preparamos a nosa porta para a chegada do Nadal.



E a nosa porta fai referencia á canción que imos cantar no festival de Nadal:

xoves, 26 de novembro de 2015

Cumple do mes de Novembro

Este mes festexamos o cumple de Dani, que xa ten catro anos. Vaia biscoitos máis ricos.

mércores, 25 de novembro de 2015

Coeducamos?

Hoxe día 25 de novembro volvemos facer fincapé na importancia que ten a coeducación dende ben pequenos, respectando a singularidade de cada un (sexa xénero, relixión, raza...).
E como non, con contos.

venres, 20 de novembro de 2015

Día dos Dereitos dos nenos/as

Hoxe, Día Internacional dos Dereitos dos nenos e nenas, cómpre recordalos para telos sempre presentes.


martes, 17 de novembro de 2015

Visita á biblioteca

Hai uns días fomos visitar a biblioteca do piso superior e alí agardábanos o noso amigo Pinco para axudarnos a escoller o préstamo de fin de seman. Aínda que algúns non lle fixemos moito caso e escollemos libros que non eran adecuados á nosa idade.
Esperemos facerlle máis caso a próxima vez, porque senón ao chegar á casa non somos quen de ler os libros de préstamos que collemos.
Premede na imaxe para ver máis fotos e acceder ao blog do Club de Pinco do noso colexio.

luns, 16 de novembro de 2015

Periodo de adaptación 2015-2016

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que foron os primeiros días de clase no cole de maiores.

sábado, 7 de novembro de 2015

Celebración da festa do medo

E aquí as fotos da nosa festa do medo e do guapos que estabamos.

venres, 6 de novembro de 2015

samaín

Estas son algunhas das cousas que fixemos no Samaín.
Un día fixemos degustación de doces do outono elaborados con cabaza e despois continuamos talando cabazas xunto cos demais nenos/as de educación infantil.
Outro día estivemos realizando arañas con bocatas de paté.
Todas as celebracións e festas nos gusta, pero a verdade é que esta con eses doces tan ricos é das mellores.

luns, 2 de novembro de 2015

Celebración do Samaín

Mentres non acabamos de realizar a nosa presentación de fotos do Samaín, podedes clicar na seguinte ligación e ver algunhas.

mércores, 28 de outubro de 2015

Educando no BO TRATO

O luns día 26 de outubro o trasno Xan enviounos unha carta e tróuxonos un agasallo.
O agasallo foron uns globos e uns pauciños para agarralos e a carta contábanos que ao noso novo amigo non lle gusta nada que pelexemos, nin que nos digamos cousas feas, nin nos insultemos, nin intentemos obrigar aos demais a facer cousas que que non queren facer (nin os maiores nin os pequenos) e cando isto sucede ponse moi, moi triste... pero como na nosa clase nós estamos aprendendo a non pelexar e a arranxar as nosas diferenzas falando tróuxonos ese agasallo tan chulo.
Ante a cruel realidade que nos asolagou esta fin de semana aos máis pequeniños debemos ensinarlle o "bo trato", educalos no amor e no respecto polo outro e intentar non achegalos demasiado a unha realidade cruel e difícil para a que aínda non están preparados.
Cremos sinceramente que na educación dos pequenos de hoxe está o futuro da nosa sociedade do mañá, así que sexamos conscientes da nosa labor como pais, nais, mestres, mestras, avós... e eduquemos os nosos nenos na igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas e entre pais e nais; e para isto é fundamental a coeducación e o noso EXEMPLO. Con fin de conseguirmos a prevención das condutas violentas e a educación en igualdade, para desenvolver nos nenos e nenas todas as súas capacidades independentemente do seu xénero, potenciando a súa autoestima e ensinándoos a resolver os seus problemas a través da comunicación interpersoal.
Se temos en conta que os nenos/as aprenden a desenvolver comportamentos por imitación, é dicir, copiando as condutas das súas figuras de referencia, a cultura do bo trato aos nenos/as é clave para a construción dunha sociedade sen violencia.
Mirade que guapos e que felices cos nosos globos





(fotos cedidas por Pontevedraviva)


http://pontevedraviva.com/xeral/23517/colexio-pontesampaio-conchi-vitima-violencia-machista-igualdade/

luns, 26 de outubro de 2015

Coeducamos?

Un contiño de dúas tartarugas que nos ensina moitas cousas.



E agora imos facer unha tartaruga cunha noz:




domingo, 25 de outubro de 2015

venres, 23 de outubro de 2015

Día das bibliotecas escolares

Hoxe día 23 de outubro imos celebrar no noso colexio o día das bibliotecas escolares con contacontos ao alumnado que correran a cargo de membros de todos os sectores da comunidade educativa: pais/nais/familiares, alumnos/as e mestres/as.

xoves, 22 de outubro de 2015

Pai de Sara

A semana que Sara foi a nosa encargada veunos visitar o seu pai que nos ensinou a facer malabares e nos regalou unhas bolas para intentar facelos nós na casa.
Ademais estivo facéndonos animais, espadas e flores con globos.
Foi moi divertido, grazas David por compartir o teu tempo con nós.

mércores, 21 de outubro de 2015

O trasno Xan

O noso novo amigo, o trasno Xan, fainos bastantes trasnadas como escondernos o mandilóns, cambiarnos de sitio os vasos, agocharnos as chaquetas... pero é divertido así que nós portámonos moi ben con el e traémoslle comida (agora que xa sabemos que lle gusta), decorámoslle unha casiña, trouxémoslle contos, unha cestiña para ir paseo... e el como premio regalounos flocos de millo para ver unha película como no cine, chocolate para tomar de postre... é moi entretido ter un amigo trasno e agardar cada día para ver que nova trasnada nos fai, e ademais así aprendemos moitas cousas dos alimentos (tanto dos que comen os trasnos como dos que comemos nós).

Pais de Lola

A semana que Lola foi a nosa encargada viñéronnos visitar os seus pais. Con eles estivemos lendo un conto sobre as cores e experimentando con el, logo conversamos sobre a súa árbore xenealóxica e xa por último despedímolos como se merecían.
Grazas Iván e Nuria por compartir o voso tempo con nós.

luns, 19 de outubro de 2015

Letra u

Esta semana imos traballar a letra U
E, por se é do voso interese, aquí vos deixamos algunhas actividades.

venres, 16 de outubro de 2015

O Trasno Xan

Esta semana chegou á nosa clase un ser fantástico que non para de facernos trasnadas. Chámase  o Trasno Xan.
Cal destes vos parece que pode ser?
Ou serán varios?

mércores, 14 de outubro de 2015

Canción do Samaín

Xa empezamos a preparar a nosa actuación para a Festa do Medo; agardamos que vos guste, xa que a nós encantounos.

Saímos no xornal

No Diario de Pontevedra do día 11 de outubro de 2015 sae unha foto nosa, mirade que ben saímos (falta Yoel que ese día non veu ao colexio).

luns, 12 de outubro de 2015

Letra o

Esta semana imos traballar a letra O.


Moitos de vós tedes dúbidas de cal é a direccionalidade correcta das letras e dos números para aprender a realizar o trazo correctamente, así que déixovos aquí unha ligazón na que se pode ver.


E unha actividade jclik para xogar en liña (preme na imaxe para acceder, ás veces é necesario descargar algún complemento para visualizala):

Aquí podedes descargar algunhas láminas se vos interesa.


sábado, 10 de outubro de 2015

Experimentos coas cores

Esta semana estivemos traballando as mesturas das cores primarias para obter novas cores.
Foi moi divertido e aprendemos moitos. Aquí tedes unhas poucas fotos de como foi a nosa experiencia.

...

venres, 9 de outubro de 2015

Cumples do mes de Setembro

O día 30 de setembro festexamos o aniversario de Lola, Diego, Mauro e Sara.
Pasámolo moi ben e comemos uns biscoitos riquísimos.
...

xoves, 8 de outubro de 2015

Imos mesturar cores

A semana que Lola foi a encargada viñéronnos visitar os seus pais e léronnos un conto moi divertido sobre as cores que nos gustou un montón e nos animou a investigar sobre as mesturas de cores e a iso nos puxemos...

Estas son as mesturas que nos fixemos, pero hai moitas máis...

Un xoguiño para practicar as mesturas de cores:


Esta vídeo ensínanos como se mesturan as cores primarias.



E este xa mestura tamén cores secundarias:


Aquí podedes ver algúns contos que traballan esta actividade.


Neste vídeo tedes un experimento sobre as cores que nós fixemos no colexio


E como non unhas láminas por se queremos probar en casa mesturando plastilina, témpera ou algún tipo de cera como a Manley que tamén nos deixa.

sábado, 3 de outubro de 2015

Xogando coas vogais

Aquí vos deixamos algúns xogos en liña para xogar coas vogais que imos aprendendo.
Premede nas imaxe para poder xogar.




mércores, 30 de setembro de 2015

Volta ao cole

Así foron os nosos primeiros dous días no colexio este curso.

luns, 28 de setembro de 2015

Caderno das letras

Esta semana no noso "caderno das letras" imos traballar a letra:


e aquí vos deixamos unhas láminas por se queredes traballar na casa:

e, como non, unhas cancións.









LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...