O agasallo foron uns globos e uns pauciños para agarralos e a carta contábanos que ao noso novo amigo non lle gusta nada que pelexemos, nin que nos digamos cousas feas, nin nos insultemos, nin intentemos obrigar aos demais a facer cousas que que non queren facer (nin os maiores nin os pequenos) e cando isto sucede ponse moi, moi triste... pero como na nosa clase nós estamos aprendendo a non pelexar e a arranxar as nosas diferenzas falando tróuxonos ese agasallo tan chulo.
Ante a cruel realidade que nos asolagou esta fin de semana aos máis pequeniños debemos ensinarlle o "bo trato", educalos no amor e no respecto polo outro e intentar non achegalos demasiado a unha realidade cruel e difícil para a que aínda non están preparados.
Cremos sinceramente que na educación dos pequenos de hoxe está o futuro da nosa sociedade do mañá, así que sexamos conscientes da nosa labor como pais, nais, mestres, mestras, avós... e eduquemos os nosos nenos na igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas e entre pais e nais; e para isto é fundamental a coeducación e o noso EXEMPLO. Con fin de conseguirmos a prevención das condutas violentas e a educación en igualdade, para desenvolver nos nenos e nenas todas as súas capacidades independentemente do seu xénero, potenciando a súa autoestima e ensinándoos a resolver os seus problemas a través da comunicación interpersoal.
Se temos en conta que os nenos/as aprenden a desenvolver comportamentos por imitación, é dicir, copiando as condutas das súas figuras de referencia, a cultura do bo trato aos nenos/as é clave para a construción dunha sociedade sen violencia.
Mirade que guapos e que felices cos nosos globos
(fotos cedidas por Pontevedraviva)
Ningún comentario:
Publicar un comentario