sábado, 28 de febreiro de 2015

Lectoescritura construtivista

Os nenos/as de educación infantil 3 anos imos adquirir a lectoescritura de xeito construtivista (tal e como xa vos explicou a nosa profe) e para isto empezamos traballando co noso nome e co dos nosos compañeiros/as e familiares. Pero esta semana decidimos ir un paso máis alá e preparar unha nota para que os nosos papás e mamás nos deixaran ir de excursión.
Foi unha experiencia moi lenta e moi traballosa, pero sobre todo foi moi enriquecedora xa que a través dela traballamos múltiples competencias nunha soa actividade de aula (aínda que iso si, tardamos dous días).
Agardamos que vos gustase o noso traballo e aquí vos deixamos unha explicación de todo o proceso.

venres, 27 de febreiro de 2015

Coñecendo a Mateo Miñán

Xa hai moito moito tempo o noso amigo Mateo Miñán foi encargado da nosa aula (antes de empezar coa segundo volta dos encargados coa que estamos agora mesmo) e estivemos aprendendo cousiñas sobre el e sobre a súa familia na nosa aula.
Agardamos que vos guste a presentación de fotos que preparamos para a ocasión (aínda que sexa un pouco tarde).

xoves, 26 de febreiro de 2015

As nosas cousas de Miró

Pouco a pouco e con axuda dos nosos pais e nais imos enchendo a nosa clase de cousiñas de Miró: cadros, esculturas, pinceis, libros, cores... que nos axudan a aprender máis e mellor.
Grazas a todos as familias que colaboran con nós, sen vós non sería posible motivar tanto aos nenos/as.


O libro de Miró

A nosa compañeira Marta fixo coa súa mamá un libro coa vida e obra de Miró. A nós gustounos tanto que decidimos poñérvolo aquí.
Agardamos que vos guste tanto como a nós.

xoves, 5 de febreiro de 2015

mércores, 4 de febreiro de 2015

O xardín de Miró

MIrade que animación máis chula dun dos cadros de Miró.

martes, 3 de febreiro de 2015

Seguimos aprendendo de Joan Miró

Aquí vos deixamos un pequeno conto sobre Joan Miró que estivemos vendo na aula.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...