sábado, 28 de febreiro de 2015

Lectoescritura construtivista

Os nenos/as de educación infantil 3 anos imos adquirir a lectoescritura de xeito construtivista (tal e como xa vos explicou a nosa profe) e para isto empezamos traballando co noso nome e co dos nosos compañeiros/as e familiares. Pero esta semana decidimos ir un paso máis alá e preparar unha nota para que os nosos papás e mamás nos deixaran ir de excursión.
Foi unha experiencia moi lenta e moi traballosa, pero sobre todo foi moi enriquecedora xa que a través dela traballamos múltiples competencias nunha soa actividade de aula (aínda que iso si, tardamos dous días).
Agardamos que vos gustase o noso traballo e aquí vos deixamos unha explicación de todo o proceso.

1 comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...