Estívonos ensinando o seu traxe e as cousas que levaba con ela (a pistola non, por moito que algún lle insistiu), falándonos de que non lle debemos ter medo á policia porque son bos e pódennos axudar e como lle viña a falar de educación vial aos maiores tamén falou con nós de que tiñamos que ir sentados na nosa silla, cos cintos postos, que os nosos pais e nais non poden falar por teléfono mentres conducen...
Pasámolo xenial, pena non podermos ir visitar o seu coche de policía, pero claro non podemos saír do colexio sen autorización dos nosos pais e nais; unha mágoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario