O pasado 23 de abril festexamos o Día do libro no colexio con varias actividades, unha deles foi a elaboración duns marcapáxinas (un para nós e outro para os nosos pais) que xa chegaron ás nosas casas e outra foi un apadriñamento lector cos nenos/as do colexio.
A verdade é que foi unha experiencia distinta que nos gustou moito xa que nesta ocasión non só nos viñeron ler os maiores, senón que nós tamén lle lemos a eles o conto que escolleramos previamente na biblioteca do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario