xoves, 14 de maio de 2015

As mariscadoras

Esta semana estamos traballando o mar, e como non pode ser doutro xeito imos traballar as profesións relacionadas co mar que máis próximas nos son.
E como non podía ser doutro xeito imos empezar coas mariscadoras.
Xa estivemos falando un pouco na clase do tema e hoxe veu a mamá de Diego (Elena) que é mariscadora a explicarnos cousiñas do seu traballo e a ensinarnos os útiles que ela emprega no mar para coller as ameixas e berberechos; tróuxonos unhas ameixas e berberechos, ensinounos a mover o angazo... aprendemos moito e pasámolo moi ben. Agora só falta que nos leve a mariscar con ela.



Tamén estivemos traballando as mariscadoras a través da arte cun cadro de Luís Seoane titulado As Mariscadoras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...