Hoxe pola mañá cando chegamos ao colexio a profe díxonos que algo máxico ía suceder este día xa que a crisálida de colorines cambiara de cor e xa non era verde... e iso só pode significar unha cousa.
En breve colorines pasaría de estar dentro da crisálida a ser unha bolboreta moi moi fermosa.
E o mellor de todo, como ía tardar un pouquiño en poder voar, poderíamos vela aprender a moverse agora que tiña as e poderíamos tocala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario