mércores, 28 de outubro de 2015

Educando no BO TRATO

O luns día 26 de outubro o trasno Xan enviounos unha carta e tróuxonos un agasallo.
O agasallo foron uns globos e uns pauciños para agarralos e a carta contábanos que ao noso novo amigo non lle gusta nada que pelexemos, nin que nos digamos cousas feas, nin nos insultemos, nin intentemos obrigar aos demais a facer cousas que que non queren facer (nin os maiores nin os pequenos) e cando isto sucede ponse moi, moi triste... pero como na nosa clase nós estamos aprendendo a non pelexar e a arranxar as nosas diferenzas falando tróuxonos ese agasallo tan chulo.
Ante a cruel realidade que nos asolagou esta fin de semana aos máis pequeniños debemos ensinarlle o "bo trato", educalos no amor e no respecto polo outro e intentar non achegalos demasiado a unha realidade cruel e difícil para a que aínda non están preparados.
Cremos sinceramente que na educación dos pequenos de hoxe está o futuro da nosa sociedade do mañá, así que sexamos conscientes da nosa labor como pais, nais, mestres, mestras, avós... e eduquemos os nosos nenos na igualdade entre homes e mulleres, entre nenos e nenas e entre pais e nais; e para isto é fundamental a coeducación e o noso EXEMPLO. Con fin de conseguirmos a prevención das condutas violentas e a educación en igualdade, para desenvolver nos nenos e nenas todas as súas capacidades independentemente do seu xénero, potenciando a súa autoestima e ensinándoos a resolver os seus problemas a través da comunicación interpersoal.
Se temos en conta que os nenos/as aprenden a desenvolver comportamentos por imitación, é dicir, copiando as condutas das súas figuras de referencia, a cultura do bo trato aos nenos/as é clave para a construción dunha sociedade sen violencia.
Mirade que guapos e que felices cos nosos globos





(fotos cedidas por Pontevedraviva)


http://pontevedraviva.com/xeral/23517/colexio-pontesampaio-conchi-vitima-violencia-machista-igualdade/

luns, 26 de outubro de 2015

Coeducamos?

Un contiño de dúas tartarugas que nos ensina moitas cousas.



E agora imos facer unha tartaruga cunha noz:




domingo, 25 de outubro de 2015

venres, 23 de outubro de 2015

Día das bibliotecas escolares

Hoxe día 23 de outubro imos celebrar no noso colexio o día das bibliotecas escolares con contacontos ao alumnado que correran a cargo de membros de todos os sectores da comunidade educativa: pais/nais/familiares, alumnos/as e mestres/as.

xoves, 22 de outubro de 2015

Pai de Sara

A semana que Sara foi a nosa encargada veunos visitar o seu pai que nos ensinou a facer malabares e nos regalou unhas bolas para intentar facelos nós na casa.
Ademais estivo facéndonos animais, espadas e flores con globos.
Foi moi divertido, grazas David por compartir o teu tempo con nós.

mércores, 21 de outubro de 2015

O trasno Xan

O noso novo amigo, o trasno Xan, fainos bastantes trasnadas como escondernos o mandilóns, cambiarnos de sitio os vasos, agocharnos as chaquetas... pero é divertido así que nós portámonos moi ben con el e traémoslle comida (agora que xa sabemos que lle gusta), decorámoslle unha casiña, trouxémoslle contos, unha cestiña para ir paseo... e el como premio regalounos flocos de millo para ver unha película como no cine, chocolate para tomar de postre... é moi entretido ter un amigo trasno e agardar cada día para ver que nova trasnada nos fai, e ademais así aprendemos moitas cousas dos alimentos (tanto dos que comen os trasnos como dos que comemos nós).

Pais de Lola

A semana que Lola foi a nosa encargada viñéronnos visitar os seus pais. Con eles estivemos lendo un conto sobre as cores e experimentando con el, logo conversamos sobre a súa árbore xenealóxica e xa por último despedímolos como se merecían.
Grazas Iván e Nuria por compartir o voso tempo con nós.

luns, 19 de outubro de 2015

Letra u

Esta semana imos traballar a letra U
E, por se é do voso interese, aquí vos deixamos algunhas actividades.

venres, 16 de outubro de 2015

O Trasno Xan

Esta semana chegou á nosa clase un ser fantástico que non para de facernos trasnadas. Chámase  o Trasno Xan.
Cal destes vos parece que pode ser?
Ou serán varios?

mércores, 14 de outubro de 2015

Canción do Samaín

Xa empezamos a preparar a nosa actuación para a Festa do Medo; agardamos que vos guste, xa que a nós encantounos.

Saímos no xornal

No Diario de Pontevedra do día 11 de outubro de 2015 sae unha foto nosa, mirade que ben saímos (falta Yoel que ese día non veu ao colexio).

luns, 12 de outubro de 2015

Letra o

Esta semana imos traballar a letra O.


Moitos de vós tedes dúbidas de cal é a direccionalidade correcta das letras e dos números para aprender a realizar o trazo correctamente, así que déixovos aquí unha ligazón na que se pode ver.


E unha actividade jclik para xogar en liña (preme na imaxe para acceder, ás veces é necesario descargar algún complemento para visualizala):

Aquí podedes descargar algunhas láminas se vos interesa.


sábado, 10 de outubro de 2015

Experimentos coas cores

Esta semana estivemos traballando as mesturas das cores primarias para obter novas cores.
Foi moi divertido e aprendemos moitos. Aquí tedes unhas poucas fotos de como foi a nosa experiencia.

...

venres, 9 de outubro de 2015

Cumples do mes de Setembro

O día 30 de setembro festexamos o aniversario de Lola, Diego, Mauro e Sara.
Pasámolo moi ben e comemos uns biscoitos riquísimos.
...

xoves, 8 de outubro de 2015

Imos mesturar cores

A semana que Lola foi a encargada viñéronnos visitar os seus pais e léronnos un conto moi divertido sobre as cores que nos gustou un montón e nos animou a investigar sobre as mesturas de cores e a iso nos puxemos...

Estas son as mesturas que nos fixemos, pero hai moitas máis...

Un xoguiño para practicar as mesturas de cores:


Esta vídeo ensínanos como se mesturan as cores primarias.



E este xa mestura tamén cores secundarias:


Aquí podedes ver algúns contos que traballan esta actividade.


Neste vídeo tedes un experimento sobre as cores que nós fixemos no colexio


E como non unhas láminas por se queremos probar en casa mesturando plastilina, témpera ou algún tipo de cera como a Manley que tamén nos deixa.

sábado, 3 de outubro de 2015

Xogando coas vogais

Aquí vos deixamos algúns xogos en liña para xogar coas vogais que imos aprendendo.
Premede nas imaxe para poder xogar.




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...