luns, 25 de abril de 2016

Aprendendo os tres erres

O luns 25 de abril visitounos no colexio a Tía Marta, (a "tía" de Diego) que traballa na Planta de Reciclaxe de Lousame, para explicarnos máis cousiñas da reciclaxe e así darmos por pechado o noso proxecto do segundo trimestre.
Con Marta estivemos recordando os tres erres: como ser recicla, como podemos reducir e como podemos reutilizar algúns obxectos.
E despois de todo iso estivemos falando do compost, de como se fai na fábrica, de para que se utilizar, de que bichiños viven nel... e logo de todo iso e de visitar o noso composteiro (que por certo non está alá moi ben como puidemos observar e aprender) que mellor podíamos facer que usar ese compost para plantar fresas e cebolas nunha macetas. Agora toca coidalas para que medren e logo poder probalas.
Grazas Marta por compartir o teu tempo connosco, aprendemos moitísimo e pasámolo moi moi ben contigo e coa mamá de Diego.
E grazas polos nosos agasallos para reciclar e colorear, volve cando queiras.

sábado, 23 de abril de 2016

Recomendacións lectura

Aquí vos deixamos o tríptico que entregamos con motivo do Día do Libro con unhas recomendacións de lectura para infantil.

Feliz día do libro

Preme na imaxe superior para escoitar a canción de Mamá Cabra sobre os libros e a lectura.

Premede na seguinte imaxe para obterdes máis información da conmemoración do día do libro.

http://www.diadellibro.eu/

E que mellor forma de celebrar o Día do libro que lendo/vendo un conto. "El increible niño comelibros".





E como non, máis cancións neste caso de Migallas e Cantamos contigo sobre os contos e todo o que aprendemos deles.




 


venres, 22 de abril de 2016

Don Quijote de la Mancha

Hoxe estivemos vendo no colexio algúns capítulos de "Don Quijote de la Mancha" (o I, o VI e o VIII).







domingo, 10 de abril de 2016

Xogos de educación Vial

Xa que a mellor forma de aprender é xogando, imos xogar un pouco.








venres, 8 de abril de 2016

Os medios de transporte

Esta semana empezamos a traballar os medios de transporte e a educación vial e estas son algunhas das cousas que trouxemos das nosas casas.

martes, 5 de abril de 2016

Coidamos o medio

Un dos traballos que fixemos na aula ao redor do tema da Reciclaxe foi o libro de como coidamos o medio natural en familia.
Este libro vai pasar formar parte da biblioteca do noso centro co fin de que todo o centro aprenda del e de que nós poidamos recordar todo o que traballamos en familia por e para sempre.
Grazas familias por facer posible este tipo de actividades, sen vós non sería posible.

luns, 4 de abril de 2016

Contos con sentimentos

Hai uns días visitounos Raquel Queizás para contarnos tres contos: o xarrón Chino, o oso gruñón e historia dunha pinga de auga.
Foi unha mañá moi entretida e encantáronnos os contos e como nolos contou Queliña.

venres, 1 de abril de 2016

Día munidal do Autismo

Mañá 2 de abril é o Día mundial de Concienciación do Autismo e na nosa aula estivemos falando desta realidade que teñen moitos nenos/as e adultos na nosa sociedade.
Explicación ao seu nivel, por suposto, con contos e debuxos.




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...