luns, 25 de abril de 2016

Aprendendo os tres erres

O luns 25 de abril visitounos no colexio a Tía Marta, (a "tía" de Diego) que traballa na Planta de Reciclaxe de Lousame, para explicarnos máis cousiñas da reciclaxe e así darmos por pechado o noso proxecto do segundo trimestre.
Con Marta estivemos recordando os tres erres: como ser recicla, como podemos reducir e como podemos reutilizar algúns obxectos.
E despois de todo iso estivemos falando do compost, de como se fai na fábrica, de para que se utilizar, de que bichiños viven nel... e logo de todo iso e de visitar o noso composteiro (que por certo non está alá moi ben como puidemos observar e aprender) que mellor podíamos facer que usar ese compost para plantar fresas e cebolas nunha macetas. Agora toca coidalas para que medren e logo poder probalas.
Grazas Marta por compartir o teu tempo connosco, aprendemos moitísimo e pasámolo moi moi ben contigo e coa mamá de Diego.
E grazas polos nosos agasallos para reciclar e colorear, volve cando queiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...