Hoxe no colexio estivemos vendo un conto de brancaneves, máis ben dous contos de brancaneves: a versión clásica e unha versión un pouco diferente que nos gustou moito que traballa a coeducación.
A raíz disto estivemos falando das semellanzas e diferenzas entre os dous contos e como tampouco é necesario que a Brancaneves a rescate un príncipe azul dándolle un bico, tamén pode ser un doutor que a socorre cando se desmaia; tampouco ten porque morrer a mamá de brancaneves; e ó mellor a brancaneves tamén lle gustaba ir ao colexio e percorrer o mundo...
Aquí vos deixamos as dúas versións do conto e máis as diferenzas que nós atopamos (algunhas claro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario