Despois de tres anos de aventuras xuntas toca despedirse, toca rematar a educación infantil e empezar a primaria con moitas ganas e ilusión.
Para festexalo como se merece o luns día 19 de xuño os nosos papis, mamis e avós e avoas fixéronnos unha festa de graduación chulísima, na que non faltaron globos, flores, tarta, gusanitos, agasallos, orlas, diplomas... e sobre todo moita ledicia polo tempo compartido e polo que queda por compartir.
Parabéns nenos/as por estes tres anos de esforzo, traballo, ilusións, xogos, alegrías, conversas, excursións, contos... pero sobre todo por ese compañeirismo e amizade creado entre vós e as vosas familias que espero dure para sempre.
Foi un pracer vervos medrar día a día, axudarvos a aprender e a descubrir o máxico mundo no que vivimos. E grazas por ensinarme tanto... tanto e por quererme tanto... tantísimo.
Bicos mil.
Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
Gracias a ti!
ResponderEliminarMoitisimas grazas a ti Silvia!!Tivemos a gran sorte de que durante estes tres anos coidases e ensinases aos nosos pequenos, taaaan ben que ata cheguen a dicir que te queren mais que as suas mamas jeje.Eres unica!!
ResponderEliminar