Este é o blog dos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Pontesampaio; nel podedes atopar algunhas das cousas que facemos na escola cos nosos mestres e mestras. As imaxes e vídeos que aparecen neste blog están descargadas da rede ou son de elaboración propia. Se alguén considera que NON SON DE LIBRE DISTRIBUCIÓN, pregámoslle nolo comuniquen a través dun "comentario" para podermos retiralas e respectar os dereitos de autor. Moitas grazas.
xoves, 28 de marzo de 2019
AS "MAGDALENAS" DE MARÍA
Onte María trouxo a clase unhas "magdalenas" de chocolate que fixo o día anterior coa súa nai; como nos pasa sempre, non sobrou nada. Realmente estes nenos e nenas, e como non, as súas familias son uns excelentes cociñeiros e cociñeiras. Moitas grazas por compartilo.
martes, 26 de marzo de 2019
OSOS CON FUNNY GUMMY
Hoxe as pequenas e pequenos de 3 e 5 anos fixemos un obradoiro de funny gummy coa que modelas os nosos distintos osos pandas. Coma sempre cada un lle deu o seu toque característico.
ANIVERSARIOS MARZO
Hoxe celebramos os aniversarios do mes de marzo. Neste caso os protagonistas eran Sabela, Mariña e Arantxa. Como sempre nos convidaron a un rico anaco de biscoito e a uns gusanitos.
Parabéns pequenas, que cumplades moitos máis. Un bico.
Parabéns pequenas, que cumplades moitos máis. Un bico.
MAI-MAI
Onte fomos o salón do libro de Pontevedra a ver a obra de teatro Mai-Mai da compañía Boabab teatro. A obra tiña como protagonista un oso panda, con él e súa historia querían facernos ver o importante de coidar o noso planeta e as especies en perigo de extinción.
As pequenas e pequenos encantoulles.
As pequenas e pequenos encantoulles.
OS CARACOIS DE JULIA
Julia chegou a clase moi emocionada coas súas novas mascotas, uns caracois que estiveron durante a mañá con nós na aula. Foi moi entretido porque algún decidiu marchar de paseo fora da súa casa.
domingo, 24 de marzo de 2019
Chegou a primavera
O venres despois do recreo fomos polo patio a contemplar as distintas árbores que hai nel; puidemos ver como moitas de folla caduca xa están brotando, algunhas ata teñen flores, e outras seguen "espidas".
As rosquillas de Éric.
Esta semana a nosa maleta viaxou ata a casa de Éric; o xoves pola tarde el e a súa nai estiveron a facer as rosquillas que saen no libro de sobremesas; e como non podía ser doutra maneira o venres trouxoas ao cole para que as probaramos todos. Estaban boísimasssssssss.
Moitas grazas.
Moitas grazas.
luns, 11 de marzo de 2019
O enterro da sardiña
Hoxe é un día triste, despois de ler o conto do Ravachol empezamos o cortexo fúnebre da nosa Sardiña ata o patio; alí empezamos a vareala, e a pobre pouco aguantou.
Agora sí, REMATOU O ENTROIDO 😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭
Agora sí, REMATOU O ENTROIDO 😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭
xoves, 7 de marzo de 2019
MARILÓ E OS PEQUES DE 3 ANOS
Aproveitando a visita de Mariló para falar co resto do cole, estivo na nosa aula facendo unha actividade. Explicounos como facían os entrenos e púxonos un circuíto para facer con ela. Foi moi divertido, a verdade, e que as pequenas e pequenos querían repetir.
Grazar por vir.
Grazar por vir.
DÍA DA MULLER
Hoxe co gallo do DÍA DA MULLER pedimos a colaboración dalgunhas familias para conmemorar este día. A idea centrouse en falar con mulleres que tiveran traballos que foran pensados anteriormente para o "xénero masculino".
Acompañáronnos: Mariló (mamá de Gabi e Iker) que é militar, Leni (mamá de Lucas) que é patrona de barco e Iria (madriña de Delia y Athenea) que é arbitra de fútbol.
Moitísimas grazas por vir.
Acompañáronnos: Mariló (mamá de Gabi e Iker) que é militar, Leni (mamá de Lucas) que é patrona de barco e Iria (madriña de Delia y Athenea) que é arbitra de fútbol.
Moitísimas grazas por vir.
As galletas de Mario.
Onte Mario estivo na súa casa facendo galletas, saíronlle tan boas, que hoxe tróuxoas para que as probaramos todos e non sobrou nada. Moitas grazas.
mércores, 6 de marzo de 2019
MAÍS ENTROIDO
Chegou a semana de entroido, e cada día fomos traendo a nosa pincomanda, estabamos xeniales cos mandados de pinco.
E o venres foi o gran día, onde pinco deixounos o mandado de vir co noso mellor disfraz, así nos puxemos mans a obra. Estabamos todos guapísimos.
E no patio intentamos desplumar ao noso amigo o galo Cantarico.
ROSALÍA COS PEQUES DE 3 ANOS
Xa que conmemorabamos a aniversario de Rosalía no cole, na clase de 3 anos fixemos unha máscara de Rosalía coa axuda de Raquel, a mamá de Mara.
Coma sempre un pracer contar coa vosa axuda!! Grazas.
Coma sempre un pracer contar coa vosa axuda!! Grazas.
venres, 1 de marzo de 2019
O Entroido.
E por fin, despois de toda a semana a voltas co Entroido, chegou o gran día. Hoxe tiñamos na clase unicornios, cabaleiros, romanos, osos amorosos, princesas de Frozen, cazapantasmas, Frida Kahlo, policías, superman e spiderman, estaban todos guapísimos e guapísimas; e as familias non quedaban atrás.
Durante o desfile case morremos de calor pero cando chegou o Galo Cantarico xa se nos pasou todo, e corremos como tolos para arrincarlle as plumas; incluso antes de que nos tocara, porque a profe nos mandou ir a axudarlle os de catro anos. 😂😂😂😂😂😂😂😂😂
Durante o desfile case morremos de calor pero cando chegou o Galo Cantarico xa se nos pasou todo, e corremos como tolos para arrincarlle as plumas; incluso antes de que nos tocara, porque a profe nos mandou ir a axudarlle os de catro anos. 😂😂😂😂😂😂😂😂😂
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)