venres, 1 de marzo de 2019

O Entroido.

E por fin, despois de toda a semana a voltas co Entroido, chegou o gran día. Hoxe tiñamos na clase unicornios, cabaleiros, romanos, osos amorosos, princesas de Frozen, cazapantasmas, Frida Kahlo, policías, superman e spiderman,  estaban todos guapísimos e guapísimas; e as familias non quedaban atrás.

Durante o desfile case morremos de calor pero cando chegou o Galo Cantarico xa se nos pasou todo,  e corremos como tolos para arrincarlle as plumas; incluso antes de que nos tocara,  porque a profe nos mandou ir a axudarlle os de catro  anos. 😂😂😂😂😂😂😂😂😂







Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...