luns, 25 de novembro de 2019

25-N


NAS AULAS DE INFANTIL TRABALLAMOS  TODOS OS DÍAS A IGUALDADE ENTRE TODOS E TODAS, QUE NINGUÉN É MÁIS CA NINGUHA.

LIMOS NA CLASE E COMENTAMOS OS CONTOS  DE ARTUR E CLEMENTINA E NIN UN BICO Á FORZA .

PREPARAMOS UN MURAL COAS NOSAS MANS PARA FACER UN LAZO.



 OLLADE QUE PEGADAS! 



REMATAMOS DIANTE DA MONTAXE FACENDO UNHA FOTO DECINDO BEN ALTO:

NIN UN BICO Á FORZA!!

martes, 19 de novembro de 2019

Obradoiro de froitas

O VENRES PASADO FIXEMOS NA CLASE DE 4 ANOS BROCHETAS DE FROITAS.
VIÑERON MOITAS NAIS E PAIS A AXUDARNOS A PELAR E A CORTAR AS FROITAS.


PELARON E CORTARON  CAQUIS,  UVAS,  KIWIS E MAZÁS PARA PINCHAR.
HOUBO MOITOS QUE POLO CAMIÑO PUXÉMONOS AS BOTAS.
COMEMOS FROITA ATA FARTAR.
DECORAMOS CON UN POUCO CHOCOLATE ALGUNAS BROCHETAS.


GÚSTANOS MOITO QUE VEÑADES AO COLE CON NÓS.

GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS POR VIR.

xoves, 14 de novembro de 2019

Elmer: A mascota viaxeira da clase de 4 anos.

Elmer comezou a súa viaxe... Os nenos e as nenas de 4 anos cóntannos que o pasan xenial con él nas súas casas. Delia ata o levou en barco, Jacobo ao cine a ver a peli de Abobinable, Mara ao Burguer King... A onde o levará Mateo esta fin de semana? 


Cabazas terroríficas

Os nenos e as nenas, da clase de 4 anos, coa axuda das súas familias fixeron unhas cabazas terroríficamente chulas. Encantáronnos!!! 


 Moitas grazas familias pola vosa colaboración.


mércores, 13 de novembro de 2019

EFECTO PO2

O venres pasado viñeron dúas rapazas do Concello a facer unha actividade para concienciar ao alumnado do  cambio climático.

Lorena e Sandra contáronlle aos nenos e nenas o conto "A miña cidade" de Eva Mejuto e conversaron cos cativos e cativas sobre como sería a súa cidade ideal. 
Despois en teas cen por cen orgánicas debuxaron as cousas que lle gustaría que saíran dun tubo de escape en lugar de fume.
O día 27 de novembro no parque das Palmeras en Pontevedra vanse expoñer os traballos e leerase un manifesto coas ideas e aportacións dos nenos e nenas de todos os colexios participantes.

martes, 12 de novembro de 2019

"Pelos tortos"

Onte veu Patricia, a nai de Breogán, á clase de 4 anos, para contarnos o conto de "Pelos tortos".

E despois, fixemos unhas pantasmas cunha pintura máxica que alumea na escuridade. 

 Moitísimas grazas por vir, Patricia.
Pasámolo xenial!!

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...