mércores, 13 de novembro de 2019

EFECTO PO2

O venres pasado viñeron dúas rapazas do Concello a facer unha actividade para concienciar ao alumnado do  cambio climático.

Lorena e Sandra contáronlle aos nenos e nenas o conto "A miña cidade" de Eva Mejuto e conversaron cos cativos e cativas sobre como sería a súa cidade ideal. 
Despois en teas cen por cen orgánicas debuxaron as cousas que lle gustaría que saíran dun tubo de escape en lugar de fume.
O día 27 de novembro no parque das Palmeras en Pontevedra vanse expoñer os traballos e leerase un manifesto coas ideas e aportacións dos nenos e nenas de todos os colexios participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...