xoves, 19 de novembro de 2020

XOGANDO CO OUTONO

OLA FAMILIAS!!

OS PEQUES DO COLE SON MOI TRABALLADORES E TRABALLADORAS!!

DURANTE ESTAS SEMANAS ESTAMOS APRENDENDO E XOGANDO CON DIFERENTES ELEMENTOS DO OUTONO

🌰🍁🍂🌰🍁🍂

MIRADE CANTAS COUSIÑAS FACEMOS!!!

DECORAMOS AS NOSAS INICIAIS CON FOLLAS SECAS


PINTAMOS FOLLIÑAS QUE RECOLLEMOS NO PATIO CON TÉMPERA E BOTÁMOSLLE MOREAS E MOREAS DE "BRILLI BRILLI" PARA DECORAR A NOSA CLASE...




TRABALLAMOS A LÓXICO MATEMÁTICA FACENDO SERIES CON DIFERENTES ELEMENTOS DE OUTONO: PIÑAS, FOLLAS, CASTAÑAS...




E SOMOS TODOS UNS EXPERTOS E EXPERTAS CONTANDO AS FOLLIÑAS QUE LLE POÑEMOS Á NOSA ÁRBORE DE OUTONO QUE NOS MANDA O DADO...




PASÁMOLO XENIAL E ESTAMOS APRENDENDO UN MONTÓN!!

E COMO NON TODO VAI SER TRABALLAR, DISFRUTAMOS MOITO CANTANDO E BAILANDO CANCIÓNS DE OUTONO! 
DÉIXOVOS POR AQUÍ A NOSA FAVORITA PARA QUE A DISFRUTEDES EN FAMILIA!


ESPERAMOS QUE VOS ENCANTE!!!
🍁🍂🌰🍂🍁🌰




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...